xoves, 29 de xuño de 2023

Graduacións, excursión e fin de curso

O día 16 de xuño tiveron lugar as graduacións de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. Os/as máis pequenos/as comezarán unha nova etapa, a Educación Primaria, mentres que os maiores darán o salto ao instituto. Estamos moi content@s do voso compromiso e esforzo que vos levou a superar ditas etapas. 






Para ver máis fotos do acto, podedes facer clic aquí.


O día 20 de xuño fumos de excursión de fin de curso ao centro ecuestre "O Ventoso". Alí puidemos estar en contacto coa natureza, coidando animais e incluso subindo a cabalos e ponis. Ademais, tivemos a oportunidade de aprender a cociñar o noso propio pan e saborear o resultado final da nosa receita. Foi un día estupendo no que desfrutamos dunha convivencia marabillosa con todo o colexio.

 




 Se queredes ver máis fotos, facede clic aquí.

 

O día seguinte, gozamos dunha festa inolvidable. As clases enchéronse de música, xogos entre @s compañeir@s e deliciosas merendas coas que puxemos fin a este curso.















 

 

 

 

Agora é o momento de descansar e desfrutar do verán para comezar o vindeiro curso con moitas ganas! Feliz verán!


Ningún comentario:

Publicar un comentario