sábado, 28 de marzo de 2020

Ponlle música á vida!!!!!

Boas de novo familias.

A profe Cris  mándavos este video e estas palabras: 
Ola!! Nas últimas clases estivemos cantando este tema africano de Maketume para cantar todo o cole. Seguimos practicando para telo preparado para a volta? Cantade comigo! E forte!



Como sabedes tamén é moi importante lavarse as mans moitas veces e que mellor que facelo cunha canción que vos gusta moito que vos ensinou a mestra Cris no cole aos peques de Infantil. Recordade que cando ela di a man dereita é a vosa esquerda xa que estades frente a ela.






Ademais queremos propoñervos dous xogos musicais. 

  • No primeiro tedes que adiviñar, en familia, as películas de Disney que soan neste enlace. Atrevédesvos a adiviñalas? 
Adiviña la película


Cantas películas adiviñastes? Gustouvos este xogo? Podedes deixar os vosos comentarios.


  • O segundo xogo é un pouquiño máis persoal. Coñecedes ben as vosas titoras e profes do cole? O obxectivo deste xogo é adiviñar a/o profe que recomendou cada canción para animarvos un pouquiño e mandarvos unha mensaxe de esperanza: Xuntos conseguiremos acabar co coronavirus!!!!!
       Aí van as cancións:











        
       Todo Irá Bien de Chenoa


E ata aquí o xogo! 
Atréveste a adiviñar a canción de cada profe? Deixa  os tus comentarios.


E por último pero non o menos importante, todo o equipo docente do Colexio Cid quere dedicar a todas as familias que pertencedes a este pequeno cole, pero grande en sentimentos, estas dúas cancións. E nunca nos cansaremos de dicir: Botámosvos moito de menos!












venres, 27 de marzo de 2020

Desde 6º... con moito amor!




Os alumnos e alumnas de 6º crearon algúns superheroes e superheroínas para decirvos  que desexamos que estedes todos e todas moi ben e queremos darvos moitísimos ánimos xa que o estades a facer moi pero que moi ben.


Todo esto moi pronto rematará.























mércores, 25 de marzo de 2020

ÁnImO!!

Todo o profesorado do CPR CID sabemos que o estades a facer marabillosamente e queremos que saibades que...


Sabemos que tamén tedes ganas de ver aos vosos/as amigos/as así que propoñémosvos unha actividade. Queremos facer un collage coas vosas fotos para publicar no blogue así que...Para os que queiran, podedes facervos unha foto e  enviádela á seguinte dirección de correo:
solomusica.adriana@gmail.com (titora de 6º)

Tedes ata o venres 27 para enviala.

Moito ánimo Familia!

martes, 24 de marzo de 2020

BENQUERIDAS FAMILIAS E ALUMN@S


BENQUERIDAS  FAMILIAS E ALUMN@S!

Xa estou de volta!!! Levo unha tempadiña desaparecida por temas de saúde pero veño con moitas forzas e ganas de volver vervos a todos!

Xa sei que estamos a pasar uns momentos difíciles e que todos estamos a facer un gran esforzo pero imos intentar conservar o  BO ÁNIMO!

O confinamento na casa durante varios días, provoca problemas de convivencia e malestar psicolóxico, pero entre todos/as imos gañar esta batalla tan complicada…

 Dende o colexio queremos transmtirvos que sodes uns verdadeiros heroes, que estamos orgullosos de vós, que se precisades algo soamente tendes que pedilo, que vos botamos moito de menos e esperamos con ansias para poder voltar a darvos abrazos, bicos, romper a distancia dun metro e poder volver estar xuntos e brindar pola felicidade, liberdade e saúde.

Antes de nada, a vós, familias, papás e mamás, avós e avoas, tías e tíos, primos etc, darvos un tremendo agradecemento pola labor que estades a facer estos días compaxinando moitas veces teletraballo, traballo ou outras tarefas cos vosos duendecillos pelexando contra este monstruo que carece de solidariedade e non entende de cores, nin barreiras.

Neste apartado de aula apoio deixarei algunhas tarefas para todos os nenos e nenas, posto que neste momento todos presentamos necesidades e  non só as necesidades especiais.

Agora mesmo todos os nenos/as precisan de actividades lúdicas que potencien a súa imaxinación e creatividade xa que así, estaremos a traballar moitos outros aspectos tales como pensamento creativo e construtivo, afectividade, memoria, concentración,atención, percepción…..

As actividades que aquí se presentan son sempre para realizar con materiais que tendes pola vosa casa e alternativas que se vos ocorran.O feito de estar sufrindo unha crise de emerxencia sanitaria en estas condicións fai que moitas veces se non establecemos unhas rutinas co paso do tempo  nos vexamos agobiados, por iso, aquí vos vou deixar unha planificación que podedes facer calquera de vos na casa, se non tedes medios tecnolóxicos para descargar podedes facelo con posits, nun folio e decoralo vós, etc. Isto tamén axudará cando volten ao colexio sexa moito menos costoso a volta á normalidade. 

PLANIFICADOREs.pdf


Como recomendación e orientación propóñovos que falades de outras cousas  e limitedes as discusións, planifiquedes as  actividades que fomenten experiencias positivas  e que lle sirvan para a protección ante momentos difíciles. Sede comprensivos e  máis importante aínda, proporcionade moito AMOR E SEGURIDADE porque así os vosos fillos sentirán que sodes un gran equipo.

Ademais, cando todo isto pase faremos unha gran exposición de todos os traballos, fotos, manualidades e demais para debatir cómo pasamos este extraño momento que a vida nos trouxo.

ACTIVIDADES







Éstas e moitas máis...... poderedes velas no enlace que vos deixo a continuación.












PD: PODEDES COMENTAR NO POST PARA SABER QUE VOS PARECEU, PODEDES ENVIAR FOTOS DOS TRABALLOS  O CORREO DO COLE.
VÉMONOS AXIÑA


luns, 23 de marzo de 2020

Para os máis peques


Ante a demanda de máis actividades para as vosas e os vosos peques, para acadar este reto de quedar na casa, aquí vos deixamos máis suxerencias, sacadas de diferentes páxinas de internet  aproveitando material de refugallo que poidamos ter pola casa.

É necesario aclarar que son suxerencias, por tanto podedes facelas así, pódense modificar e tamén pode ser que non haxa o material nas casas, e como o importante é estar na casa, se opte por non facela. Ademais, tamén queremos dicirvos que non son para facer todas un día, dende o equipo de mestras de Educación Infantil, propoñevos sinxelas e diferentes actividades porque cada nena e neno ten os seus gustos e xa que o están a facer moi ben, nas súas casiñas, que vaian escollendo cales queren e poden facer.


Esperemos que vos poidan axudar un pouquiño, para seguir facendo así de ben.
  • Para seguir traballando o noso nome, aquí podedes ver algunha actividade sinxela :













  • Para traballar a lóxica-matemática ao mesmo tempo que xogamos:














  • Para traballar a motricidade fina, dunha forma lúdica:











  • Para facer algo de exercicio:



                     

  • Para seguir traballar dunha forma lúdica o control, dirección, cantidade e intensidade do sopro: 



















  • Para coller algo de ritmo, coa música:  





  • Para identificar as nosas emocións que están a sentir:

 


 


 


 




  • Para escoitar contos narrados dun xeito máxico, podedes seguir as seguintes contas de instagram:
                     @vadecuentos
                     @aprenderconellos
                     @bichitoslectores
                     @yalavueltalaluna


Sabemos que estes días están a ser dificiles, pero pensade o ben que o estamos a facer quedando nas nosas casas. As nenas e os nenos aprenden a través da imitación na maioría das ocasións, vivir esta situación axuda a trasladar valores moi importantes que os fan crecer como persoas, para poder chegar a crear ese mundo que todas e todos desexamos, onde o respecto e o saber estar e actuar en cada momento e da forma axeitada, sexa un dos piares desta sociedade.

Veña, peques...pronto navegaremos todas e todos outra vez, mentras tanto podemos escoitar a 
Piratas de Pablo Díaz...porque eu quedo na casa!!!

Recordade que estamos á vosa disposición a través do correo electrónico cpr.cid@edu.xunta.es, do número do teléfono 981255244 (onde poderedes contactar co equipo directivo e éste transmitirállelo ás titoras) e a través de Tokapp onde poderedes contactar directamente coas titoras.