luns, 15 de abril de 2019

FELIZ PASCUA!!!!

Os nenos e nenas de Educación Infantil e tamén os nen@s de 2º de Primaria fixeron diferentes actividades plásticas para celebrar o inicio das vacacións de Pascua. Aquí vos deixamos fotos dos nosos pequenos artistas. 






























Ademais algúns deles lle deron un segundo uso a algúns materiais de refugallo.






sábado, 13 de abril de 2019

Animais en perigo!

 A Terra necesítanos!!


Por iso nestas últimas semanas, os alumnos e alumnas de 5 º de Educación Infantil, estivémonos achegando á realidade do noso planeta e á necesidade de coidar o noso entorno e a todos os animais.


Un dos moitos perigos que vimos foi o exceso de plásticos e como estes plásticos afectan aos animais, xa que os comen e se quedan enrolados neles. Pero cando os vimos enrolados non dubidamos en axudalos!


Tamén tomamos conciencia da necesidade de reducir, reciclar e reutilizar polo que fixemos xogos con materiais reciclados...

para coser a melena dun león,


para construir unha torre imposible,


e tamén pintamos,


lemos contos e apadriñamos ao noso pingüín ROTO!!


Ata o próximo reto!




martes, 9 de abril de 2019

Os animais da granxa

Desta vez foi Rita , a mascota da aula, quen nos invitou a coñecer os animais da granxa, por iso decidimos profundizar un pouquiño mais e facer tantas cousiñas. 

O primeiro que fixemos, foi construír un cerrado, para o cal cada grupo pegou papeis dunha cor e posteriormente aproveitamos a facer unha serie. Despois, pouco a pouco fomos enchéndoa de animais. 



Construímos e decoramos o noso galiñeiro, onde pintamos con pinceis e tamén fixemos unha galiña con plumas, introducindo texturas novas e  así  poder traballar o tacto.
Coñecendo as galiñas vimos que poñían ovos, polo que contabamos cantos ovos tiña cada galiña, cal delas tiña mais ou menos ovos, clasificamos os ovos segundo a cor dos gomets e asociámolos coa cor da galiña…traballando así, a lóxica-matemática, a través do xogo.



Como non, nunha granxa non poden faltar os porcos,  polo que pintamos con pintura de dedos o noso porquiño, ao cal lle fixemos un rabo, que nos encanta…tanto que estamos tocando nel todo o tempo. Como nos gusta pintar con pintura de dedos e acabar todos manchados, tal cual os porquiños no barro.


Seguimos coñecendo animais, e unha vaca chega a nosa clase…
-         Pero proooofeeee tenemos una vaca en clase
-         Pero proooofe, quien trajo esa vaca?
-         Pero prooofee que come la vaca?
Menuda sorpresa coa vaca na clase, e aproveitando a semana da prensa, que mellor oportunidade para crear a nosa propia noticia….acercándonos así á lecto-escritura .




Pero isto non remata aquí,  muximos a vaca e aproveitando que os luns toca lácteos na merenda, fixemos a nosa propia merenda….leite con cacao. Que ilusión , despois de muxir eles mesmos a vaca, facer a súa propia merenda e contar cantas culleradas de cacao levaba a súa merenda.


                                                      


























Muxir a vaca foi todo unha experiencia. Foi unha das actividades que máis lles chamou a atención porque vían como saía o leite e como pouco a pouco  no caldeiro e na cubeta tiñan cada vez máis….. aprendemos, facendo!

Outro dos animais que nos veu a visitar, foi o pato. Xogamos a coller patos da auga, traballando a coordinación óculo-manual, respectando a quenda e escribindo o número de patos que quedaban na auga, cada vez que un amigo retiraba un deles, intentando asociar número e cantidade.  Non era doado coller os patos, pero entre todos conseguímolo porque non somos un neno ou nena  soamente, somos un equipo que nos axudamos uns aos outros e que avanzamos collidos da man.




Pero ademais…xogamos na pizarra interactiva, onde nos divertimos cun libro lim creado polos compañeir@s do CEIP Princesa Sofía, fixemos quebracabezas, títeres para o noso teatro e xogamos a representar un animal e que os demais compañeiros/as  o adiviñasen…moito nos está gustando o teatro!!!



                                                                       



Xogamos aos bolos, intentando tiralos todos coa pelota…pouco a pouco melloraremos a nosa precisión, pois ás veces a pelota despistábase…
                                                                                               

E xa por último, fixemos a nosa propia granxa con material de refugallo. 



Aprendemos a través do xogo.

domingo, 7 de abril de 2019

Día Mundial da Saúde



O Día Mundial da Saúde celébrase cada 7 de abril para conmemorar o nacemento da Organización Mundial da Saúde (OMS) en 1948. Cada ano elixen un lema diferente, invitando a toda a sociedade e ás institucións a loitar contra un problema de saúde.

No colexio aproveitamos para facer fincapé, unha vez máis, na importacia de levar unha vida saudable mantendo bos hábitos alimenticios e de hixiene.









Tico tamén sabe o importante que é facer exercicio, comer todo tipo de alimentos, asearse todos os días, descansar e ir ao médico as revisións e a vacinarse. Por todo isto, neste día mundial da saúde Tico recomenda as seguintes lecturas: 



Espera con moita ilusión as vosas visitas!!!

sábado, 6 de abril de 2019

REPASAMOS CON GADIS OS HÁBITOS SAUDABLES

A semana pasada os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria visitamos as instalacións do Gadis Central para repasar dun xeito moi motivador os hábitos saudábeis por un lado, e polo outro o coidado do medio ambiente separando o lixo e empregando menos plástico.

Comezamos o repaso, cunha sesión na aula onde tiñanos que colocar distintas pegatinas no seu lugar correcto.



Despois visitamos as instalacións do Gadis Central, na rúa Socorro 43, onde Vanesa nos agardaba para explicarnos perfectamente a importancia de beber moita auga e menos zumes, os tipos de friames, carnes e pans máis saudables e os diferentes tipos de peixes que existen.



Os nenos e nenas atenderon moito e pasámolo moi ben, especialmente na peixería onde aprendemos a diferenza entre peixe azul e branco e vimos tamén diferentes tipos de marisco.


Para rematar obsequiaron a todos os nenos e nenas cunhas mochilas con productos moi saudables.


Moitas grazas pola vosa amabilidade e atención.

venres, 5 de abril de 2019

BENVIDA PRIMAVERA!!!!

Os alumnos e alumnas de 1º plantamos unhas fresiñas o primeiro día da primavera para celebralo e vimos un vídeo moi bonito sobre a primavera de Vivaldi ao igual que fixeramos nas estacións de outono e inverno. Deixámosvos o enlace por se queredes desfrutar do vídeo e da música: Musizón e a primavera de Vivaldi



Ademais para traballar a creatividade e a ortografía inventaron o nome de dúas plantas de fresiñas. Saíron moitos, diferentes e moi bonitos todos eles pero ao final mediante votación ganaron estes dous:


Despois estivemos pintando e recortando flores e bolboretas para adornar as nosas ventás, pintando as letras da primavera para adornar o noso corcho e lendo poesías sobre esta estación.



















Tamén @s alumn@s de 2º decoraron á súa aula e entrada e leron poesías tanto en galego como en castelán.





Os alumn@s de 6º recibimos a primavera cun poema de Antonio Machado "La primavera besaba" e fixemos uns orixinais caligramas, debuxos que intentan representar o contido do poema.