martes, 2 de xullo de 2019

Liberade á mestra

Chegar ao colexio e atoparte a mestra...Esposada!

Sí, como escoitades! 

Os alumnos de 6º tiveron que superar unha serie de probas de inxenio, orientación e preguntas sobre historia e xeografía para descifrar un misterio e conseguir as chaves para liberar á mestra...


A Gamificación é unha técnica de aprendizaxe onde se translada a mecánica dos xogos co fin de absover ou repasar os coñecementos facendo accións concretas que impliquen ao alumnado a participar de maneira cooperativa.




luns, 1 de xullo de 2019

Os artistas do cole

Aquí vos deixamos algunhas das pequenas obras de arte que fixeron @s alumn@s de Primaria durante os recreos do terceiro trimestre.



















E tamén podedes ver algúns dos crecabacabezas máis grandes que conseguiron facer os nenos e nenas do "Clube do puzzle" colaborando e traballando en equipo durante moitos días. 




xoves, 27 de xuño de 2019

ACHEGÁMONOS AO VERÁN

O alumnado de 4º de Educación Infantil, para rematar este curso 2018-2019, xa puxo un pé no verán, xa que convertiron a súa aula nunha preciosa praia.


Esparciron area polo recuncho da praia, achegandose así a manipular diferentes texturas.

Elaboraron a súa propia sombrilla para poder protexernos do sol. 

Experimentaron coa area húmeda e seca e ata fixeron un castelo. 





A medida que íamos lembrando que mais cousiñas levamos á praia, dímonos conta que nos faltaba a toalla, polo que recortamos anaacos de papel para decorar a nosa toalla de praia.







E no mar.....que nos podemos atopar no mar?
Xogamos con animais mariños, clasificamolos e intentamos adiviñar o nome deles, por sorte tivemos a axuda dun compi da clase que nos puido dicir o nome de case todos e ata que especie de tiburón podía ser.


E xa para rematar, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil deséxanvos......



Deportistas en acción

Durante o presente curso os alumnos e alumnas de 5º e 6º aprenderon e desfrutaron moito nas clases de Educación Física. O curso comezou con xogos de presentación e cooperativos, para que ambos cursos se coñeceran e o alumnado novo se integrara rapidamente.

Foron moitas as actividades e os xogos que fixeron durante o curso cos que melloraron a condición física, a coordinación, habilidades básicas, específicas, equilibrio, percepción espacial e temporal, e aprenderon a relacionar a actividade física coa saúde e como un medio para divertirse no tempo de lecer.

Tras a práctica do deporte individual de varias modalidades de atletismo, chegou o turno dos deportes colectivos. O primeiro co que comezaron a traballar foi o baloncesto e súas as habilidades. Primeiro a través de circuitos e actividades relacionadas con pases, botes, lanzamentos e pequenas situacións de xogos.






Tras unha aprendizaxe das diferentes habilidades necesarias para as situacións de xogo, comezaron os partidos nos que aplicaron todo o aprendido nas sesións anteriores.




A mellora de parte do alumnado foi moi alta durantes as clases, chegando a meter moi boas canastras, e quen sabe se despertando unha nova afección. Haberá un futuro xogador ou xogadora profesional do baloncesto dentro do noso colexio?




Outro dos deportes colectivos que xogamos durante o curso foi o deporte mais popular do noso entorno, o fútbol. Co traballo deste deporte, melloramos específicamente a coordinación óculo pédica, e promovemos a integración da parte do alumnado que non estaba acostumada a practicar este deporte. 




Despois dunhas sesións para coller coordinación coas conduccións, diferentes tipos de pase e golpeos, e varias situacións xogadas para que logo trasladasen ao xogo, chegaron o turno de amosar todo o aprendido nos partidos.



Cabe destacar a mellora que tiveron algúns alumnos e alumnas que non practicaran o fútbol con anterioridade. Tras o esforzo diario e o interese por mellorar, terminaron sendo un exemplo para o resto, xogando a un bo nivel, cunha participación moi alta e divertíndose cos partidos, noraboa!


mércores, 26 de xuño de 2019

Azul e Bertie lévannos á clase da selva.

Os alumnos e alumnas da clase de 4º de Educación Infantil , estiveronse preparando para pasar á aula da selva e para achegranos un pouquiño a ela, traballamos o conto de Azul e Bertie, co cal dramatizamos cunhas preciosas caretas e posteriormente un cadro coas xirafas.







Bertie, unha xirafa de cor amarela, xunto coa sua manada, adicabase a facer todos os días o mesmo, comer, beber e durmir.


Pero un día, Bertie quedouse durmida, e cando espertou estaba soíña....e púxose moi triste....como ía facer agora para atopar á súa manada?



Por sorte, unha xirafa escoitou a Bertie e acercouse pero....era de cor azul. Unha xirafa de cor azul, Bertie non podía creelo. 



Azul axudou a Bertie a encontrar a súa manada, mentres lle ensinaba fermosas cousiñas polo camiño. Ao chegar a xunto a súa manada, Azul despediuse porque era diferente, pero Bertie animouno a quedarse coa súa manada e ser moi bos amigos. 
Azul aceptou e así foi, a pesar de que era de cor diferente , era unha xirafa e tiñan moitas cousas en común e fixeronse moi bos amigos. 



Esperemos que vos gustase a nosa dramatización porque despois disto xa nos imos á clase da selva. 


A través deste conto, poidemos traballar a nosa cor de pel e as nosas semellanzas e diferenzas ao igual que as preferencias. Reflexionamos sobre a importancia de respetar a todo o mundo e sobre todo dimonos conta que ningún neno ou nena incluída a profe tiñamos a mesma cor de pel. Cada un de nos tiñamos a propia cor pero a pesar diso somos nenos e nenas que nos queremos moito ao igual que Azul e Bertie. 



Vémonos o próximo curso na clase da SELVA. 

FIN DO PROXECTO SEMENTE 2019

O pasado luns, 17 de xuño, os alumnos/as de 5º desfrutaron dunha tarde de ocio cos cartos que gañaron tras o seu esforzo e traballo durante todo o curso no Proxecto Semente.
Foron á bolera de Marineda, xogaron dúas partidas de bolos, merendaron...e pasaron unha tarde estupenda!!!!!!
























Para rematar, fixeron unha doación de 60.80€ a APADAN, unha  Asociación Protectora de Animais Abandoados.