FIN DO PROXECTO SEMENTE 2021
Despois do traballo de tod@s @s integrantes de Mariofactory, chegou a recompensa!
Como punto final do Proxecto Semente, o pasado venres 18 de xuño, os alumnos de 6º disfrutaron dunha tarde de ocio cos cartos que gañaron no mercado.
Foron ao cine, a ver a película Cruella, que lles encantou.
Despois disfrutaron dunha deliciosa comida.
E pasaron un tempo de risas e xogos no parque.
Ademais, destinaron unha parte dos beneficios a unha boa causa, facendo unha doación de 54,70€ a ASANOG, Asociación de Axuda a Nen@s Oncolóxicos de Galicia, para axudar a familias que teñen ou tiveron fill@s con cancro.
Noraboa polo voso esforzo, compromiso, solidaridade e bo comportamento. Estamos moi orgullos@s e esperamos que disfrutarades moito do proxecto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario