venres, 19 de xuño de 2020

E sen máis recurso acaba este curso....



Chegamos ao final  do Curso 2019-2020, un curso no que ao principio parecía seguir a normalidade ata que chegou  un virus para instalarse con nós e quitarnos a liberdade de seguir o que máis nos gusta... IR AO COLE.

Pero, non vos preocupedes porque foi un curso cheo de aconcementos  que nos fixeron madurar e medrar no ámbito emocional, físico e persoal.

Chegados este punto, o equipo docente do COLEXIO CID quere agradecer a toda a comunidade educativa o acompañamento nesta dura etapa, porque todos SOMOS UN, xa que a gratitude é a memoria do corazón e dende o corazón saen os sentimentos e máis alá de ensinar, recoller lágrimas , motivalos, inculcar valores... temos que agradecer todo o sobre esforzo que a pandemia nos trouxo.

Desexamos que pasedes un bo verán e recollades moitas forzas para empezar con ganas o novo curso, nós mentras tanto imos esperar con moitas ansias e ganas de vervos.



"QUE O MESMO ARCO DA VELLA QUE NOS XUNTOU NA DISTANCIA NOS SIGA XUNTANDO Á VOLTA DAS VACACIÓNS PARA VIVIR NOVOS MOMENTOS"

 Aquí vos deixamos un vídeo  pinchando na imaxe  para despedirvos. Esperamos que vos guste.

 https://drive.google.com/file/d/1wTkf1eO5NzuNnbS8YRyOSzkTUjwvSSAH/view?usp=sharing

Ningún comentario:

Publicar un comentario