mércores, 30 de xaneiro de 2019

Concerto Didáctico

Os alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria asistiron ao concerto "La Fábrica de los Sueños".

Unha viaxe pola música do cine da man da Orquesta Sinfónica de Galicia onde os nosos pequenos/as disfrutaron de Bandas Sonoras tan coñecidas coma Frozen, Star Wars ou The Simpsons.







venres, 25 de xaneiro de 2019

Ovelliña dame la

Coa chegada do inverno, xa podíamos sentir o frío así que, os nenos e nenas de 4º de E. Infantil, a través do conto Ovelliña dame la traballamos as prendas de abrigo para esta estación tan fría e as partes do corpo onde se vestían. 

Todos os días lle preguntábamos á nosa ovelliña: 
- Ovelliña, ovelliña dasme a túa la?
- Para que queres a miña la? 
- Para facer un....xersei, gorro, bufanda, manoplas, medias, abrigo...cada día unha prenda ata estar ben abrigados. 



Ao mesmo tempo que traballabamos as prendas de abrigo e as partes do corpo coa ovelliña, tamén afianzabamos outros contidos, como o concepto número-cantidade, arriba-abaixo, dentro-fóra, grande-pequeno, igual-diferente, largo-curto...Cosimos, traballamos a motricidade fina dándolle de comer á ovella e  recoñecemos as vogáis de forma visual e auditiva. 










Ademáis tamén xogamos coa pizarra dixital para facer puzzles, xogos de memoria, escribir palabras e reforzar todo o traballado, cada vez que faciamos algo, escoitabamos á nosa ovelliña: beeeee






E para rematar fixemos o noso mural para poder compartir con todos os compañeiros e compañeiras do cole.



Seguimos aprendendo un montón de cousiñas ao mesmo tempo que nos divertimos. 


mércores, 16 de xaneiro de 2019

QUÉ SORPRESA!!!!!!

A semana pasada, cando chegamos das vacacións de Nadal, levamos tod@s unha sorpresa marabillosa. Papá Noel e os Reis Magos deixaron agasallos no aula de Música e na biblioteca. Debe ser que no primeiro trimestre nos portamos moi ben.

Papá Noel deixounos unha mensaxe e novos intrumentos de música para aprender e desfrutar desta materia que tanto nos gusta. Mirade que ben o pasamos con eles.





















Tamén os Reis Magos deixaron na biblioteca unha carta que lemos entre varios e dous xogos para traballar distintas intelixencias. Qué divertido é aprender!!!!



XOGANDO COAS LETRAS

Durante o primeiro trimestre deste curso, os nenos e nenas de primeiro estiveron aprendendo ou repasando as letras do abecedario. E que mellor modo de repasar estes contidos que xogando con elas. Aquí podedes ver algúns dos xogos do primeiro trimestre que complementaron a aprendizaxe das fichas dun xeito moi motivador: o dominó,os tapóns das sílabas, o memory das inversas e letras para formar as palabras que quixeran ou completar láminas de diferentes temáticas.








Ademais tamén estivemos xogando na pizarra ao xogo do aforcado. Deixamos este enlace para que podades xogar na casa e continuar practicando mentres pasades un ratiño divertido. 

Pinchade aquí: Xogo do aforcado.

sábado, 5 de xaneiro de 2019

TIC, TAC, TIC ,TAC...Os Reis de Oriente están a chegar!

                                                           A CARTEIRA EN 5 ANOS
   
   Nesta noite tan máxica para nenos e maiores xoga un papel moi importante a carta. Nela os nenos e nenas de 6° de Educación Infantil escribiron as súas  ilusións e esperanzas e de seguro que aos pequerrechos do cole se lle conceden todas, pois traballaron moito no mini proxecto da carteira (apoiando sempre a figura feminina no aula) con alegría e moita enerxía!!!
                                                       
  Despois de xogar a ser carteiros e carteiras elaboramos a nosa postal con sorpresa para mamá e papá.





Seguimos observando, manipulando, pegando e repasando as formas xeométricas dos selos e sobres no medio de moitas risas e tertulias.





Das fichas motivadoras a que máis gustou foi o debuxo libre das nosas carteiras e a decoración do buzón.
                                               


E por fin chegou o día!!! Saímos ao buzón máis cercano a levar as nosas cartiñas que con tanto agarimo realizamos e tamén visitar ás carteiras.

                                         

                                           


Finalizamos coñecendo o oficio da carteira: en que consiste o seu traballo, a vestimenta, como se despraza e identificamos elementos no entorno relacionados coa profesión como o buzón e a oficina de Correos. Que ben o pasamos! Grazas por axudar a que  os Reis Magos nos enchan de sorpresas este día.



                                       
                                                    MANUALIDADES DE NADAL


 Durante os últimos días do primeiro trimestre desfrutamos lendo contos navideños, cantando panxoliñas , xogando co nacemento de Xesús, e sobre todo manipulando coas mans que tanto nos gusta. Aquí vos quedan algunhas mostras dos anxiños para a neveira. Éstes pitufos son uns verdadeiros artistas!
                                                                  
                                                               
                                                       


  Os adornos para a árbore de Nadal. Que bonitas quedaron as galletas de xenxibre e os bastóns!!







Foi moi divertido decorar o gorro de Papa Noel con gomets e poñerlle unha gran barba branca e suaaaaave.



FELIZ NOITE DE REIS FAMILIAS