Información
- Páxina principal
- Calendario escolar 2025-2026
- Listado de libros e material escolar. Curso 2025-2026
- UNIFORME
- Estructura Organizativa curso 24-25
- EXTRAESCOLARES 24-25
- Plan de convivencia
- Plan dixital Centro
- Circulares 2024-2025
- Escola para pais e nais
- Servizos
- Contacto
- Normas de Organización e Funcionamento
- Documentos
- Aviso legal
- Xogos
sábado, 7 de outubro de 2023
Inicio de curso 23-24
venres, 1 de setembro de 2023
Inicio de Curso 2023-2024
Vémonos o día 11 no horario habitual
xoves, 29 de xuño de 2023
Graduacións, excursión e fin de curso
O día 16 de xuño tiveron lugar as graduacións de 6º de Educación Infantil e 6º de Educación Primaria. Os/as máis pequenos/as comezarán unha nova etapa, a Educación Primaria, mentres que os maiores darán o salto ao instituto. Estamos moi content@s do voso compromiso e esforzo que vos levou a superar ditas etapas.
Para ver máis fotos do acto, podedes facer clic aquí.
O día 20 de xuño fumos de excursión de fin de curso ao centro ecuestre "O Ventoso". Alí puidemos estar en contacto coa natureza, coidando animais e incluso subindo a cabalos e ponis. Ademais, tivemos a oportunidade de aprender a cociñar o noso propio pan e saborear o resultado final da nosa receita. Foi un día estupendo no que desfrutamos dunha convivencia marabillosa con todo o colexio.
Se queredes ver máis fotos, facede clic aquí.
O día seguinte, gozamos dunha festa inolvidable. As clases enchéronse de música, xogos entre @s compañeir@s e deliciosas merendas coas que puxemos fin a este curso.
martes, 6 de xuño de 2023
Un maio cheo de excursións
Durante o mes de maio, o alumnado do noso colexio desfrutou de varias excursións onde o pasaron xenial e aprenderon moito.
A fin de semana do 12 ao 14 de Maio o alumnado de sexto de primaria foi de excursión de fin de etapa. Estiveron nun campamento en O Grove (Pontevedra) e alí fixeron moitas actividades: pádelsurf, piragüismo, kayak, snorkel, escalada, tirolina, etc… Tod@s volveron moi content@s e o pasaron xenial.
Á volta desta excursión, o día 22 de maio, o alumnado de sexto de primaria foi ao museo de Belas Artes onde lles explicaron moitas obras de arte e coñeceron moitos datos sobre diversos artistas. Faláronlles sobre o realismo,o figurismo e o abstractismo.