domingo, 1 de novembro de 2020

Feliz Samain!

 A noite do 31 de outubro, é unha noite máxica onde os nosos devanceiros fixaron esta data como o paso ao inverno e o recordo dos nosos antepasados. 

Dende tempos históricos esta celebración estaba sinalada nos almanaques de todos/as os galegos/as , aínda que durante moitos anos permaneceu moi esquecida.

O festividade máis popularizada na actualidade é a festividade americana de Halloween que ademáis sufriu diversas desvirtuacións comerciais.

No Centro traballamos ambas festividades  xa que vivimos nun mundo diverso e multicultural. Coñecer a diversidade cultural dende pequenos fará que os nosos/as nenos/as sexan adultos máis tolerantes, empáticos e respetuosos.









E para finalizar esparamos que disfrutedes coa canción que prepararon os alumnos/as de 1º



(Preme na imaxe)


                                Feliz Samaín!! Happy  Halloween!!


luns, 19 de outubro de 2020

Medidas para o COVID-19

 Ola a todos/as:

Nun curso normal os pais e nais podíades acceder ao cole con normalidade. Este ano as medidas establecidas polo procolo non o permiten polo que vos amosamos un pequeno vídeo para que vexades as medidas de protección levadas dentro do centro.



(preme na imaxe)



martes, 29 de setembro de 2020

Equipo TIC

 Ola a todos/as

Este ano como novidade  no colexio empregaremos contas de Google  Suite  para  Educación  co  obxectivo  de  apoiar  as  funcións  de comunicación  de  todo  o  profesorado,  do alumnado e das familias .

A  diferencia  das  contas  que  ofrece  Google  os  servizos  están  baixo o  dominio colexiocid.com e  inclúen  os  seguientes servizos  integrados:  

  • Gmail
  • Google  Calendar  (calendarios  compartidos)
  • Google  Drive  (aloxamento  de documentos,  follas  de  cálculo  e  colaboración  online)
  • Hangouts (sistema de mensaxería e videoconferencia)
  • Meet (sistema videoconferencia)

 Ao longo dos vindeiros días iremos colgando unha serie de vídeos para que vexades a súa funcionalidade.


Polo de agora subimos o vídeo para a activación da conta:


(Preme na imaxe)


Para calquera dúbida ou incidencia dirixídevos ao seguinte correo electrónico.


gestion@colexiocid.com 


Un saúdo.



martes, 22 de setembro de 2020

Inicio de curso 2020-2021

 Levamos case dúas semanas de clase  e pouco a pouco comezamos a familiarizarnos coas novas rutinas de hixiene e seguridade que son tan importantes para a nosa convivencia.

Durante estas semanas, nos diferentes cursos, estivemos a coñecer as novas normas de organización e funcionamento do centro así como as novas sinalizacións dos espazos comúns.






Realizáronse actividades de prevención, hixiene e protección para coidarnos pero tamén para coidar aos que nos rodean. 

O alumnado de 6º realizou o Rap "Lávate las manos" para os peques do cole (esperamos que vos guste)





E o máis importante, realizáronse actividades onde as emocións foron as protagonistas.

Cada neno/a leva candasúa mochila emocional que lle fará totalmente diferente aos demais e lle fará sentir e percibir o mundo de maneira distinta. 

Coñecer e entender os nosos sentimentos e os dos compañeiros/as é primordial para aprender a autorregularnos cando sexa preciso.















Unha aperta familias!




mércores, 9 de setembro de 2020

Benvidos/as ao novo curso 2020-2021

 

Un ano máis queremos darvos a benvida a todos e todas a este novo curso escolar, este un pouco diferente e especial a outros.

Todo o equipo directivo, o equipo docente e o persoal non docente estivemos a traballar a fondo para adecuar o colexio a nova realidade que nos está tocando vivir.

Para a seguridade de todos e todas, e conseguir un bo funcionamento do centro, elaborouse un "Protocolo COVID-19" (suxeito ás modificacións pertinentes ditaminadas pola consellería)  que todos e todas debemos coñecer e respectar.

A continuación vos mostramos un resumo do mesmo:










Este xoves día 10 comenzarán 4º e 5º de Educación Infantil e 1º,2 e 3º de Educación Primaria.

E o venres día 11 comezará 6º de Educación Infantil e 4º, 5 e 6º de Educación Primaria.



Folla de Autoenquisa


Un saúdo