martes, 12 de maio de 2020

Educación Infantil: Cociña en familia

Ola familias! Esta semana é moi especial xa que o próximo venres 15 é o Día da familia.
Para conmemorar esta semana propoñémosvos cociñar xuntos en familia. Cociñando xuntos, sen darnos conta, practicaremos a lectura e incluso principios matemáticos á hora de enfrentarnos ás distintas recetas, controlando cantidades e medidas, seguindo así unha serie de pautas para elaborar riquísimas receitas. Aprenderemos dunha forma divertida en familia a organizarnos implicándonos na actividade sen olvidar que, manipulando diferentes ingredientes, desenvolveremos a nosa motricidade e coordinación, tamén moi importante no desenvolvemento.

Tamén coas cousas que temos en casa podemos facer música! 
Imos ver agora a suxerencia de composición da mestra Cris.

https://drive.google.com/open?id=1gNPscSgfZy5yVTsXBU-vXehKzC3I01lA


E lembrades estas receitas en inglés? 
Unhas eran yummy e outras... yucky! 

https://www.youtube.com/watch?v=frN3nvhIHUk

Apetecevos o baile da froita?
Empezamos cunha adiviña e despois bailamos coa nosa familia!

https://www.youtube.com/watch?v=FPZhCp5pOFE



ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE


Dende estimulación da linguaxe esta semana do día da familia imos recordar que o desenvolvemento da linguaxe dos máis pequenos e das máis pequenas. Moitas veces, as familias dispoñemos de pouco tempo diario que adicar á conversa entre os membros da familia, así que esta é unha moi boa oportunidade.

Aproveitando as actividades que vos deixan as vosas titoras, imos estimular a fala con preguntas directas, simples e axustadas ao seu nivel de comprensión, que non teñan unha resposta de si/non, ben/mal, senón que sexan abertas a que o neno ou a nena nos teña que aportar máis información. Por exemplo, en lugar de preguntarlles “que tal o pasaches hoxe?” hai outras alternativas como “cal foi a actividade que máis che gustou das que fixemos hoxe?”, cal é a froita que máis che gustou?, a receita que fixemos hoxe é doce ou salgada?,... calquera outras que se vos ocorran.

Por outro lado propóñovos que fagades rimas, que consisten en buscar palabras que acaben igual. Entón cando esteamos facendo a receita, ou xogando con froita podemos pedir que nos diga unha rima. Por exemplo, que rima con fresa? pesa, qué rima con mazás? papás... e todo o que se vos ocorra. Recordade que a linguaxe infantil está influenciada polo estados emocionais, trataremos de facelo en ambiente tranquilo e relaxado e sempre desfrutando en familia!

Espero que vos guste familias!


4º Educación Infantil 
Non me cabe duda, das cociñeiras e cociñeiros que hai na clase de 4º de Educación Infantil, xa que foron moitas as horas que adicastes ao recanto da cociña durante este curso. Esta semana imos a traballar cunha receita, de larpeiras e larpeiros, para facer en familia... a tarta de mazá.
Pero antes de nada, debemos lembrar que cousiñas, tan importantes,  debemos preparar antes:



A receita da tarta de mazá, que se presenta no vídeo é con ovos pero para aqueles que presenten alerxia ou intolerancia ao ovo, deixamos unha receita de tarta de mazá sen ovo. Cada familia poder valorar a situación e escoller a que máis lle guste.





















Lectoescritura:

Adiviña de que ingrediente se trata cando escoites a miña voz e levao coa foto. Verás como vas descubrindo todos os ingredientes e incluso unha vez que xa os coñezas, que che parece se xogamos a decir por qué letra comeza, ou incluso se te atreves... a esciribir o nome de algúns.


                        Que necesitamos para a tarta de mazá?







Lóxicamatemática:

Vamos a escribir en tres folios,  o número 1, e con axuda de alguien repasamos ou copiamos nun folio o número 4 e noutro o número 5. Unha vez que temos cada número nun folio diferente, imos asociar a cantidade co número que nos indica a receita, é dicir, o vaso de azucre, de leite e de fariña co número 1, os ovos co número 4 e as mazás co número 5.  Unha vez asociado, imos ver se hai máis mazás ou ovos, ou se hai mais vasos de leite que mazás...






Arte na cociña: 

E xa que estamos na cociña, que vos parece se facemos unhas merendas divertidas en familia? Por outra banda, aquelas familias que se atopen con dificultades para que as súas ou os seus peques, coman froita igual podemos animar a situación e decorar as merendas dunha forma atractiva, aquí vos deixo un animaliño que lles gusta moito e aproveitando o momento recordamos por que letra comeza, repasamos as cores da froita empregada, o nome das froitas, a cantidade que se empregou...porque segue aprendendo dunha forma divertida. 




Sería un pracer, recibir fotos das vosas merendas divertidas e da tarta de mazá. 

5º Educación Infantil
Para este día tan especial imos facer unha receita moi fácil de brownie ao microondas. Fixádevos ben nos números das cantidades e tamén podedes pinchar nas culleradas para ter máis información dos ingredientes que imos empregar...

https://view.genial.ly/5eb7bf788c034e0d162d64ef/horizontal-infographic-review-receta




Lóxica matemática: Que números faltan?
Volve a receita e:
  • En pequenos papeliños escribe os números que ves en TODA  a presentación (hai algúns números por ahí bailando)
  • Ordénaos do 1 ao 8. 
  • Falta algún número? Cal é? Escríbeo nun papel.
  • Agora ordénaos esta vez de maior a menor sen olvidarte de ningún! Volve a facelo as veces que queiras!


Lectoescritura: Unha sopa de letras!

 Que mellor para seguir traballando en cociña que esta sopa de letras coas letras que xa coñecemos, neste caso, coa S e coa P.
Lemos as palabras e as buscamos entre todas as letras. Tede en conta que poden estar en horizontal ou en vertical. Moita sorte!

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5708409-sopa_de_s_y_p.html


Actividade plástica: Arte con comida.

Coñecedes a Arcimboldo? Foi un artista que facía caras a partir de froitas, verduras, plantas. Eu xa fixen a miña con froita e frutos secos, vos animades a facelas vosas caras?  Podedes facela co que atopedes a imaxinación é libre! E acordádevos das orellas, esas grandes olvidadas!



Cada semana que pasa nos queda un pouquiño menos para volver a vernos.
Xa sabedes que nos encantan as fotos así que animádevos a mandar as fotos de todas as vosas creacións. 
Un forte abrazo familia!

6º Educación Infantil


  Que mellor forma  a de cociñar para aprender e desfrutar en familia! recordos que quedarán nos seus corazóns por sempre...

  Os peques poden axudarvos a preparar os ingredientes, dictar unha receita, gardar a compra, lavar froitas, aliñar ensaladas, e como non a elaborar miles de receitas. Entre tod@s estaredes a traballar moitas habilidades en familia. Aquí vos deixo unha mostra dunha macedonia e un xogo para facer xuntos.

Macedonia de froitas





 Lectoescritura: SOPA DE LETRAS INGREDIENTES
  Entre maiores e pequenos buscaredes na sopa de letras os ingredientes para a elaboración dun biscoito. Despois de buscalos deben escribir (dictándolle) os ingredientes que atopastes, una vez  escritos deben decirvos de cantas consonantes consta cada palabra . Para rematar será divertido elaborar o biscoito e comelo tod@s xunt@s!


                                                               SOPA DE LETRAS
 
                                                    



Lóxica matemática: MATES ENTRE FROITAS

  Algunha vez vos parastes a pensar en todas as veces que tedes que calcular, medir, estimar ou comparar cousas cando estamos entre fogóns? Animádevos e convertide a cociña nun laboratorio de xogos para divertirvos en familia.
  • Asociación de número - cantidade con arándanos. Podedes facelo con outras froitas e ir aumentando os números para practicar o conteo.



  •  Series. Neste caso fixen unha cobra con 2 rodaxas de fresa e 1 de plátano (dous - un). Para ir dificultando deberánse introducir máis froitas e así saborear un maior número de vitaminas.



  • Concepto de anterior, medio e posterior. Coa axuda das froitas poñeremos cal é o número que vai no medio do anterior e posterior, en vez de escribir o número farémolo con anaquiños de froitas.
                      
                                   
  Actividade plástica: CADROS CREATIVOS

  Faredes divertidos cadros con formas xeométricas con diferentes alimentos, despois de retratar a paparrrrr! espero algunhas fotos!!! éstas son as miñas!



                                                                      




E despois de traballar coas actividades elaboraredes a mellor receita de todas! necesitaredes: infinitas tazas de comprensión, 10 de paciencia, 7 de tenrura, 5 de amizade, 9 de amor e 8 de alegría... removede ben e a tomar con ilusión tres veces ó día!!!
Tal vez non o temos  ahora todo pero XUNT@S temos todo o que necesitamos! ÁNIMO!

E para rematar deixámosvos un vídeoconto que nos fala sobre os modelos de familias, esperemos que vos guste. 



UN MILLÓN DE BICOS FAMILIA!






GRAZAS POR FORMAR PARTE DE NÓS!

luns, 4 de maio de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL: Vivan as uñas de cores!



Vivan las uñas de colores é o conto que as mestras de Educación Infantil decidimos contar para traballar co noso alumnado a conmemoración do Día Internacional contra o Acoso Escolar. Intentamos en todo momento crear un clima de respecto, onde todas e todos poidan expresar libremente as súas ideas, gustos... e tamén poñerse na pel das compañeiras e compañeiros cada vez que existe un conflicto, pois a empatía é moi importante. Falando de empatía, consideramos que este conto é moi axeitado pois está baseado  nunha historia real, que unha familia difundiu a través das redes sociais tras vivir esta situación co seu fillo de 5 anos. Por iso queremos poñer o noso gran de area para recordar que todas e todos debemos ter a liberdade para decidir que cousas nos gustan e cales non nos gustan, independentemente de que sexas nena ou neno.





Esperemos que desfrutedes do conto e pensedes en Juan, para que ninguén se teña que chegar a sentir como el. 

Agora imos abrir ben as nosas orellas para identificar, con este xogo de memory, os sons das nosas emocións cos monstruos do monstruo de cores.
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5655134-identifica_o_son_coa_emocion.html

Para seguir coas emocións esta semana vamos a ir vendo como nos sentimos. Para isto só temos que debuxar e colorear a cariña coa que nos sentimos máis identificados e metela nun frasco. Podemos coloreala da cor que máis nos apetezca. Ao final da semana abrimos o frasco e recordaremos como nos foi nos días anteriores.


Apetécevos un pouco de exercicio? Recordade que debemos de facer exercicio todos os días e para iso aquí vos deixamos un xogo moi divertido. Premede na imaxe!

https://drive.google.com/open?id=1-XBn9Ur4HF3AnH2sssuHCqGQXUoyG0GI
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Dende estimulación da linguaxe quero propoñervos unha actividade de soplo relacionado co libro de VIVAN AS UÑAS DE CORES, recordade que non hay cousas de nenos e cousas de nenas, só hay cousas que nos gustan e que non nos gustan e as familias decirvos que nestas decisións  estamos involucrados a escola, a familia e os amigos.
Pinchade aquí abaixo no enlace e veredes como levar a cabo a tarefa!!
Lembrade que podedes mandarnos fotos, vídeos realizandoas e así podemos ver qué ben o facedes!



4º Educación Infantil 

Despois de escoitar o conto, imos a traballar co que mais lle gustaba a Juan... pintarse as uñas, pero esta vez ímolo a facer dunha forma diferente. 

Lectoescritura:

Nesta actividade, imos a pintar uñas e a decoralas coas vogais. Despois escribiremos as letras segundo a cor que nos indica cada uña, pincha no título e presta moita atención. 



Lóxicamatemática:

Agora, contaremos cantas uñas hai pintadas e relacionarémolo co número. Como facemos moitas veces , asociamos o número coa cantidade que representa. 




Actividade plástica:

Para realizar esta actividade vamos a necesitar a axuda dun adulto  e ademáis:
- 1 caixa de cartón
- pinturas
- folio
- tesoiras
- pegamento ou fixo
- lá para facer un pompón ( pincha na palabra e mira como podedes facer)
- 1 vaso de iogur

Agora, preme no título e veremos como podemos montar esta man con uñas xigantes para xogar. 



Con esta actividade, repasamos o círculo, as cores, dentro, fora... sen esquecernos da coordinación óculo-manual e a capacidade de atención, entre outras cousas. 
Espero que ademais, intentedes vestirvos sen axuda, calzarvos, ducharvos... e que participedes nas tarefas da casa, facendo a cama, axudando a facer o xantar... como boto de menos os almorzos que me facíades ao chegar ao cole...espero que sigades facendo o mesmo na casa!!
Quérovos moito

5º Educación Infantil
Veña, sigamos xogando todos e todas coas uñas e as cores!

Lectoescritura: Uñas silábicas
¿que vos parece si nos lemos as uñas? pois para facer estas uñas silábicas só necesitades papel, lapis, fixo e pinturas. Premede na imaxe e vos explico como o imos facer.
https://drive.google.com/open?id=1WzyprH5yj-6Ei1R8egfDXuFDOgM-P3s_


Lóxica matemática: Puzzle uñas.
Imos facer un puzzle! Premendo na imaxe podemos facer o puzzle da portada deste magnífico libro. Para facer mellor este puzzle empezade primeiro polas esquinas e despois ide agrupando os colores que son iguais. A ver que rápido o facedes!

https://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=0e51b41b0932

Actividade plástica: disco de Newton.
Seguimos usando as cores que lle gustan tanto a Juan para, esta vez facer este disco de Newton. Para facelo necesitamos:
Un folio, un cd vello ou un cartón redondo, pegamento, tesoiras, un lápis e cores.
  • Debuxamos un círculo e o dividimos en seis partes máis ou menos iguais.
  • Pintamos cada parte de vermello, laranxa, amarelo, verde, azul e lila. 
  • Recortamos o círculo. 
  • Debuxamos o círculo igual no cartón e o recortamos (ou o pegamos no CD). Pegamos o círculo de papel pintado.
  • Metemos o lápis no medio e facémolo xirar coma unha peonza.
Practicamos un pouco e vemos como van bailando as nosas cores.
Vémonos pronto!!! Xa queda unha semana menos!!!



6º Educación Infantil


Ola familias! espero que vos gustase moito o conto e que reflexionedes cos peques da casa desta mensaxe: as nenas e nenos teñen a libertade de elixir as actividades que prefiran, independentemente do seu xénero. Quen mellor que vós como familia para inculcar dende ben pequerrech@s ésta mensaxe que tanta falta nos fai... Recordade o fermoso que é xogar sen plantexamentos, sen ter que encaixar en ningún rol.

Anímovos agora a realizar as actividades propostas para ésta semana, ánimo!



 Lectoescritura: RULETA
Deberedes estar moi atent@s ás preguntas da ruleta.Están relacionadas co conto...antes de empezar podedes velo una vez máis para conseguír acertar o maior número de preguntas posibles. A xogaaaaaar!!! 
                                   RULETA PALABRAS









Lóxica matemática: MANS MATEMÁTICAS

Seguiremos practicando un pouquiño as sumas que tanto vos gustan. Necesitaremos uns guantes (aos cales lles podemos pintar as uñas como Juan) recheos de fariña ou arroz. Resultarán moi doadas e divertidas a realización de sumas aportándonos apoio para as operacións básicas.




Tamén podemos xogar con garbanzos (que podemos teñir con colorante alimentario ou con rotuladores) para chegar a abstracción matemática, cómo chegar a esa abstracción as súas cabezas? coa EXPERIMENTACIÓN; e de que mellor maneira que con cousas que temos pola casa, así que moito ensaio, moito erro e sen présas a contar e a xuntar!




 Actividade plástica: TRES EN RAIA

Nesta actividade vamos a elaborar un tres en raia para xogar en familia e de paso traballar a concentración e a  atención. Utilizaremos como base un taboleiro en rectángulo ou circular coa axuda dos peques. Despois buscarán seis tapas iguais ás cales pintarán con pintauñas como facía Juan (tres e tres de igual cor). Deixaremos desarrollar a creatividade e a creación d@s nen@s ... por exemplo:

                     



A practicar o razoamento perceptivo divertíndonos moito!


Unha semana máis estades a facelo moi ben familia! sodes un gran exemplo a seguir nestes días tan difíciles para tod@s! por iso as mestras  que traballamos na etapa de Educación Infantil mandámosvos moito ánimo e o noso aplauso segue a ser para vós!


PARA UN DÍA GRIS NON OLVIDEDES  PARAUGAS DE CORES





sábado, 2 de maio de 2020

2 de maio: Día internacional contra o acoso escolar


O 2 de maio conmemorase o Día Internacional contra o Acoso Escolar,  coa intención de dar visiblidade a esta situación tan problemática, como é o acoso escolar.

Pero para falar de acoso escolar, que mellor forma que comezar definindo que é.  Segundo os psicólogos, consiste nun maltrato psicolóxico, xa sexa verbal, físico ou social producido entre o alumnado e que se pode levar a cabo tanto dentro ou fóra das instalacións escolares e a través de internet e redes sociais, o cal se pode manter durante un tempo prolongado. 


Nelson Mandela dicía que  " a educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo" e é por iso que o equipo docente do Colexio Cid, traballa día tras día para crear un ambiente de respecto, de liberdade de expresións, de confianza, solidariedade, tolerancia, compañeirismo...Un dos principais piares, para nós, é intentar crear un ambiente familiar e seguro, no cal o alumnado poida expresar os seus sentimentos, as súas preocupacións, as súas experiencias, os seus gustos... independentemente da súa cor, da súa relixión, do seu sexo, da súa nacionalidade... camiñando todas e todos cara a inclusión. 


Este curso , tócanos facer visible esta data doutra forma, por iso vos deixamos un vídeo que o equipo docente elaborou para vós, a través dun conto que se titula Tres iguais de Marta Rivera Ferner, para que non vos esquezades nunca dos valores que traballamos día tras día. 



(Preme na imaxe)

E para seguir desfrutando, esta vez con música, deixamos as actuacións do día da paz:


(Preme na imaxe)

Canción: Qué Bonito de Soraya, intepretada polos/as alumnos/as de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria.


(Preme na imaxe)

Canción: No dudaría de Antonio Flores, intepretada polos/as alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria.

xoves, 30 de abril de 2020

DÍAS NON LECTIVOS

Seguindo o calendario escolar son días non lectivos mañá venres 1 e o luns 4 de maio.
As tarefas de traballo volveranse a colgar o martes 5 de maio.

domingo, 26 de abril de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL: Mañá será outro día

Ao longo da vida sempre temos que ir superando retos e obstáculos que aparecen no noso camiño pero, todos eles, axúdannos a medrar como persoas. Por iso queremos acercarnos ao noso alumnado para transmitirlle, unha vez máis, que acadaremos o que nos propoñamos, aínda que o proceso non sexa doado. E que mellor maneira que a través dun conto (pincha no título) que se titula:





E xa que a rá é a protagonista deste conto, imos cantar, bailar, facer exercicio, realizar actividades plásticas, ler, escribir, contar, xogar,... coa nosa amiga a rá e o seu curmán o sapo. 

Comezamos cun pouco de música...

https://drive.google.com/open?id=1X-Qqjc0RabE6pp4K8mIaG9FXfUMhAl9l

e seguimos movendo o noso corpo saltando e xogando coa auga...

https://drive.google.com/open?id=1Wy2OzVh_CB6naCk9oytddw6XaKou2C8q

 tranquilizámonos só un pouquiño escoitando esta poesía...


https://drive.google.com/open?id=1Y1321_kNIzoLJUdKwH4MMrptmdZzsh-n


e rematamos con esta canción en inglés!
abride as orellas e movede o cu con esta fermosa canción.



https://www.youtube.com/watch?v=WSC-gHBU_d0

4º Educación Infantil 

Agora que xa escoitamos o conto e xa fixemos un pouco de exercicio, que vos parece se seguimos aprendendo cousiñas coa rá?

  • Lectoescritura: Canta a rá
Preme na imaxe e presta moita atención para recoñecer de forma auditiva a vogal e así poder relacionala coa rá que ten a vogal que acabas de escoitar. 


https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5558604-canta_la_rana.html

  • Actividade plástica :        A rá
Para facer esta actividade, necesitamos:
- 1 vaso de iogur
- tesoiras
- pegamento
- pinturas
- 1 folio


Debemos debuxar a cara dunha rá e as súas patas para despois colorear e finalmente recortar ou picar (seguramente necesitedes un pouco de  axuda tanto para debuxala como para recortala). Por outra banda, debemos de pintar unha parte de folio ou papel de periódico (da cor que queirades) para despois facer cuadradiños de papel coas tesoiras ou rompendo, e finalizamos pegando os papeis  polo corpo da rá. Agora preme no título da imaxe e verás...


https://drive.google.com/open?id=1zE3j6utZZTDlV8YJAdM_a1slcftA2yYi

  • Lóxica-matemática:   Contamos coa rá

Para facer esta actividade, necesitamos:
- 1 pinza
- migas de pan ou plastilina
- papel
- lápis, rotulador...


Se xa o tedes todo, pinchade no título da imaxe e escoitade con atención para poder xogar!!!


https://drive.google.com/open?id=1NPTKfyleFEDPCD2NKxxpFCCgd5-QSzyH



5º Educación Infantil 

  • Lectoescritura: o Sapo
Aquí deixámosvos un curmán da rá, é o señor Sapo. Este é un familiar un tanto máis gordo e grande... Que vos parece se recoñecemos as letras do seu nome???, escoita atentamente!!! E se tamén pasamos o dedo polas grafías da S? Preme na imaxe e levarache a o xogo!
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5559421-pronunciamos_las_letras.html

  •  Actividade plástica  Facemos un sapo papamoscas!
 Pinta o canutillo do papel hixiénico e pégao ou grápao na súa parte de abaixo, despois ponlle uns ollos, xa sexan uns olliños móbiles ou uns ollos feitos cuns redondeis brancos cun punto negro no medio. Podemos tamén pintar o interior da boca de cor vermello para facelo máis realista. Por último pega ou ata, no interior da boca, un cordel cun pompón, cunha mosca ou cun mosquito no final do fío e... a papar moscas!!!  A ver cantas atrapas!!




  • Lóxica-matemática: Debuxamos rás!
Veña! imos debuxar unhas rás. Pero non unhas rás calquera, as rás que nos digan os dados. Interpretaremos a táboa relacionando filas con columnas en función do número que nos saia. Necesitaremos papel, lápis e un dado. Se non temos dados utilizaremos papeliños cos números do un ao seis e, en vez de tirar o dado, tiraremos as boliñas de papel. 
Premede na imaxe e contámosvos con máis detalle como imos debuxar as nosas rás!
    https://drive.google.com/open?id=1YG7P4BalqpX7rjNf4sNibRbz60kpUFsi

    Preme aquí para ver mellor a imaxe.


6º Educación Infantil

   Ola familia, durante ésta semana traballaremos coa, animal protagonista da primavera e que tanto lles gusta os peques. Preparados, listos... xaaaa!


  • Lectoescritura

Aquí temos un xogo moi divertido no cal teredes que formar palabras que conteñen a consoante  R. Deberemos fixarnos antes das sílabas para facelo no menor tempo posible e sen moitos erros. Recordade que os debuxos van xuntos (RA - NENÚFAR). Sorte e a xogar!
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5560614-ayudamos_a_la_rana.html
  • Actividade plástica
Xogo popular da rá: este xogo é moi divertido no cal traballamos a coordinación, concentración, lóxica e podemos facela en familia.
Para elaborala necesitades una caixa de zapatos e na tapa pintar una rá cunha boca grandota, despois de deixar que os peques fagan a súa obra de arte axudades o recortar a boca para poder lanzar noces, macarróns, monecos pequeniños, garavanzos... etc. Unha vez que xoguedes deberedes contar cantas pezas conseguistes que a rá papase. Animádesvos a creala?



                                                

  • Lóxica-matemática
Vamos a repasar as sumas coa axuda dos nenúfares e a rá. É moi doado de facer e así poderán repasar  de forma máis divertida sempre que queiran.
Para elaboralas precisamos: tesoiras, lápis, cores, pinzas e macarróns, fabas ou lentellas.
Una vez que teñades todo o material os peques farán os nenúfares recortando círculos grandes, coloreannos de cor verde e coa axuda dos maiores formularedes unha suma (como vedes nos exemplos); despois @s nen@s completarán coa comida ou pinzas. Coafaremos un círculo grande e dous pequenos para os ollos, pintamos una boca grande (que será donde coloquemos o resultado) e as sumas farémolas co lápis para poder borrar e proponer novas operacións. ÁNIMO!

Despois destas actividades non olvidedes en seguir coas rutinas: axudar a facer as camas, poñer o lavalouzas, encartar a súa roupa, recoller o cuarto, poñer a mesa... etc. Tampouco vos olvidedes das palabras máxicas de cada día:  ti podes! eu sei que es capaz! quérote! confío en ti! que ben o estás facendo! ánimo! eres xenial!...


A motivación é o alimento do cerebro e do corazón.



Dende ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE, a profe Vane bota de menos ensinarvos a botar a lingua, movela e xogar, por iso propónvos un xogo para practicar a "R" de RÁ.
RECORDADE QUE PODEDES IMPRIMILA OU FACELA NUN FOLIO, E REALIZANDO OS DEBUXOS E NOMES.



O XOGO DA OCA-RÁ



O xogo da rá é moi similar ao xogo da Oca. Pero neste caso, a protagonista é unha rá, e como todos os obxectos e animais que aparecen no xogo, inclúen unha 'R', ben ao principio ou no medio da palabra.




1. Que necesito para xogar ao xogo da rá?
Só necesitas un dado e de fichas elaboraremos unha rá con papiroflexia que podedes ver neste enlace (RÁ PAPIROFLEXIA), unha por cada xogador que participe, podedes decorala cómo máis vos guste.


2. Como se xoga? 


Do mesmo xeito que no xogo da oca, os participantes lanzan unha vez o dado, para determinar quen comeza a partida. Será aquel que saque a maior puntuación, e seguirá o xogo na orde das agullas do reloxo. Gaña quen chegue antes á última casilla.



3. Para que serven as palabras escritas?


Cada vez que un dos xogadores caia en calquera casilla, debe pronunciar dúas veces a palabra do obxecto ou animal que aparece nela. Si o neno sabe ler, bastará con que a lea. Si non, pode identificar fácilmente a palabra co debuxo, preguntando que é?



4. Instrucións do xogo:


Existen certas casillas que farán o xogo máis entretido. Ten en conta todas estas indicacións...
  • O xogador que cae na casilla 5, a de 'roubar' (o neno tamén pode dicir 'ladrón'), irá ao cárcere, que se atopa na casilla 11, co nome de 'reixas', e permanecerá alí unha xogada sen tirar.
  • O xogador que cae na casilla 6, a de 'a raíña', poderá trasladarse ata a casilla 12, a da 'torre'.
  • O xogador que cae na casilla 7, a do 'río', deberá comezar a partida desde a casilla 0.
  • O xogador que cae na casilla 10, a de 'roncar', deberá permanecer dúas xogadas sen tirar.
  • O xogador que cae na casilla 14, a da 'roda', baixará pola escaleira ata a casilla da rana, e gañaría.
  • O xogador que caia na casilla 18, a da 'tortuga', terá que retroceder ata a casilla 3, a de 'rir'.


5. Cal é o obxectivo do xogo da Rá para nenos?


O obxectivo deste xogo é incentivar ao neno a pronunciar todas aquelas palabras que lle custan máis, as que posúen o fonema /r/ con son forte, tanto ao comezo da palabra como no interior das mesmas.
Esta dislalia leve é común en nenos menores de 5 anos, polo que a práctica e o xogo pode liquidar sen problemas esta dificultade.


Esperemos que pasedes unha boa semana, na compaña da nosa amiga a rá. Estade atentos, a ver quen nos visitará a semana que ven.

                                                      Unha aperta !!