martes, 14 de maio de 2019

IMOS AO SUPERMERCADO

O mes pasado visitamos o supermercado pero, como todas as saídas, tendo en conta o seu carácter pedagóxico para aprender dun xeito máis motivador e logrando así acadar uns obxectivos.


As nenas e os nenos de 4º Educación Infantil traballaron as diferentes seccións que te podes atopar nun supermercado e clasificaron os productos segundo a sección.


Ademais elaboraron o seu propio supermercado con material de refugallo e, a través do xogo simbólico, xogaron a ser dependientas e dependientes e clientes. Esperaron o turno para poder pagar e contabilizaban cantos productos levaban e fóronse introducindo no coste deles.



Manexaron os diferentes folletos de publicidade de diferentes supermercados e buscaron entre eles os prezos, os cales repasaban para afianzar o trazado dos números. 


Os alumnos de 5º de Educación Infantil aproveitamos a visita ao supermercado para darnos conta de que se pode facer arte con calqueira material. Tras repasar as distintas seccións do supermercado quedámonos na froitería e, tomando como referencia "El jardinero" de Archimboldo, fixemos o noso particular retrato cos vexetais da nosa cociniña. Así foi como naceu Erin "o fruteiro" onde cada un/unha dos/as nenos/as vían a similitude dos distintos vexetais para formar as distintas partes da nosa cara.



Os alumnos de 6º de Educación Infantil , aproveitamos ésta visita ó super para traballar co libro de Sabela e as zocas máxicas. Nel observamos e identificamos  en gran grupo con bits, o camiño que leva a Sabela da casa a escola no cal se atopa con moitos espazos e entre eles  os espazos comerciais ( FROITARÍA, CARNIZARÍA PANADARÍA...). polo tanto o que conseguimos con esto foi contribuír o coñecemento do alumnado dos lugares do mercado; neste caso cun conto. Despois puxémonos a repasar as palabras trabadas que atopamos no conto pois xa somos uns gran lectores !!!




                                
Tamén xogamos a buscar por toda a clase aqueles alimentos que deberían estar en cada sección dun supermercado.Así observamos, investigamos e experimentamos cos elementos da nosa aula a través da vista e o tacto. Foi moi divertido!!! Para finalizar representamos a través de diferentes formas de expresión ( oral, gráfica, corporal e plástica) a vida nun supermercado.




Aprendimos tamén que cada día debemos comer moita froita e verdura para ser moi sans e fortes. Non  debemos olvidar metelos meter na nosa  cestiña. 



A comida que non é tan boa para a nosa saúde non debemos consumila habitualmente e polo tanto non será un espazo obrigatorio para visitar no mercado.



                                          
Durante estes días tamén cantamos e bailamos ca canción de  FUN AO MERCADO  (podedes vela neste enlace). 

E POR FIN , CHEGOU O GRAN DÍA....A VISITA AO SUPERMERCADO. 

Alí poidemos ver as seccións e falar cos dependentes. Na froitería xogamos a adiviñar as froitas polo tacto;na panaderia, recordamos que non podemos comer bollería moi amenudo; na carnicería falamos co carniceiro e explicounos porque se vestía así e ata tocamos os seus guantes para non cortarse cos coitelos; na pescadería poidemos ver os peixes e incluso tocar centolos e para rematar o Eroski deunos unha mochila na que viñan 3 pezas de froita, que son as que hai que tomar diariamente, unha botella de auga e unha bolsa de papel para recordar que debemos evitar o máximo posible as bolsas de plástico, pois contaminan moito. 





Foi unha visita moi interesante, moitas gracias a todo o personal de Eroski por recibirnos  e adicarnos o seu tempo para explicarnos como é o supermercado e que debe levar a cesta da compra para  contribuir cunha boa alimentación 

sábado, 11 de maio de 2019

Día da Ciencia na rúa



O sábado pasado saímos ao parque de Santa Margarida para amosarvos  as consecuencias da influencia humana sobra a nosa Terra.

Estamos rozando límites extremos de contaminación e o cambio climático é unha realidade que xa estamos a sufrir.

O noso futuro está en mans de todos/as e a nosa labor coma docentes é formar persoas responsables e respetuosas co medioambiente.


























Aquí tedes o enlace á TVG onde podedes ver aos nosos peques explicando parte da exposición :

(preme na imaxe)



mércores, 8 de maio de 2019

O ELEFANTE ENCADEADO











Diverapoio!

Na aula de apoio seguimos a traballar a atención,desta vez mediante xogos, porque quen dixo que non se pode aprender xogando? e concentrarse? os trileiros, o reloxo reloxo, os Speedy fyngers, o tres en raia, o xogo da silla.. pasámolo xenial!


Tamén seguimos con texturas, moldedo, motricidade fina, pinzas, formas...



 Outro gran aliado da nosa aula son as matemáticas, e que mellor forma de aprendelas sabedes cómo? XOGANDO.
O jenga, esponxas, depresores, vasos de ovos.. todo nos vale!!!, para poder contar, asociar número-cantidade, cores, formas, tamaños, consigas, aleatorios,  calculo mental, series, anteriores e posteriores......






ESPERAMOS QUE DESFRUTEDES MOITO VENDO AS NOSAS ACTIVIDADES!!!


martes, 7 de maio de 2019

Día do libro e da Terra: unha semana chea de sorpresas e actividades.

O mes pasado celebramos dous días moi importantes para todo o noso cole. O día da Terra, 22 de abril e o día do libro, 23. Tendo en conta que este ano continuamos co proxecto anual de centro "Escoita a nosa Terra", preparamos diferentes actividades que estiveran relacionadas cos dous temas. Aquí vos deixamos un resumo de todas elas.

Para empezar veunos a visitar o contacontos Iago e presentounos outro dos seus libros: "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas".
























Coma todos os anos, as clases de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria pasámolo moi ben escoitando o seu conto. 

En Educación Infantil tamén celebramos con moita ilusión o día do libro. 
En 4º de E.I. elaboraron o seu propio libro, aproveitando o proxecto que estaban levando a cabo " La pequeña oruga glotona" para levar ás casas e desfrutar coas familias da lectura.



 En 6º de E.I. tamén traballamos un pouquiño con actividades relacionadas co libro ( mates, comida saludable e non saludable, series e repaso de cores en distintas gamas). Para finalizar pintamos, recortamos e picamos para elaborar un gran mural dende o nacemento da eiruga ata convertirse en bolboreta . Días despois tocou desfrutar da gran obra.














Como diciamos anteriormente, para rematar a semana do libro, as nenas e os nenos de Educación Infantil desfrutaron dunha obra de teatro baseada no conto " La pequeña oruga glotona", coñecido para todos eles e así poder facilitar a comprensión. Despois de desfrutar da obra de teatro, a eiruga trouxounos froita para recordarnos a importancia de comer froita todos os días e reflexionar sobre a importancia de non comer chuches habitualmente, non nos vaia a doer a barriga como a ela. 



En primeiro lemos e aprendemos dun libro que nos gustou moito porque cando levantabamos as solapas, aprendiamos ou repasabamos contidos de ciencias.



Ademais como xa melloramos moito coa lectura estivemos contándolles diferentes contos aos nosos peluches e recibimos un libro de agasallo: "Papá bolechas doa sangue".




































Os nenos e nenas de segundo fixeron o seu propio libro e estiveron traballando en Lingua co libro "Pregunta a Dra. Peteiro sobre o Planeta Terra" co que aprenderon moito sobre os animais e o noso planeta ademais de traballar a estructura da carta e a  expresión oral e escrita coa descripción de animais.









Nunhas datas tan especiais non podían faltar as recomendacións de Tico que está relacionadas como diciamos anteriormente co proxecto Escoita a nosa Terra e concretamente cos temas que tratamos o día da Ciencia na Rúa.


 Tamén @s nen@s de Educación Primaria fixeron as súas recomendacións.




















E na aula de apoio aproveitaron a semana para mellorar os problemas de lectura partindo dos intereses de cada nen@.




Para rematar, dende o blogue do cole, queremos felicitar a deseñadora do marcapáxinas que ganou este ano. Parabens, Sara!!!!