Nuestros peques del cole visitaron la semana pasada la Casa de los Peces. Disfrutaron muchísimo de la visita, especialmente cuando observaron como les daban de comer a las focas y al famoso tiburón Gastón. Aquí os dejamos algunas imágenes.
Información
- Páxina principal
- Calendario escolar 2025-2026
- Listado de libros e material escolar. Curso 2025-2026
- UNIFORME
- Estructura Organizativa curso 24-25
- EXTRAESCOLARES 24-25
- Plan de convivencia
- Plan dixital Centro
- Circulares 2024-2025
- Escola para pais e nais
- Servizos
- Contacto
- Normas de Organización e Funcionamento
- Documentos
- Aviso legal
- Xogos
mércores, 31 de maio de 2017
luns, 29 de maio de 2017
O POLIFACÉTICO CARLOS CASARES
Este ano, durante a semana do día das Letras Galegas estivemos coñecendo en profundidade a Carlos Casares e as súas obras. Os máis pequenos do cole coñeceron e fixeron grandes murais de dúas das súas obras máis famosas: A galiña azul e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.
Outros cursos realizaron os libros de Carlos Casares e as súas obras infantís como Lolo anda en bicicleta e O can Rin e o lobo Crispín.
Os maiores usaron as novas tecnoloxías e o traballo en equipo para buscar información sobre Carlos Casares. Ademais leron anacos dun exemplar da obra "El principito" en galego, a cal foi traducida a este idioma polo homenaxeado.
venres, 26 de maio de 2017
FONDO LIBROS, AXUDAS adquisición material e libros de texto Educación primaria curso 2017/2018
- Orde do 16 de maio de 2017
- Descarga de solicitude (ANEXO I)
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).
- O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2018.
venres, 19 de maio de 2017
OS NOSOS PEQUENOS ARTISTAS
A semana pasada, os alumn@s de primeiro e segundo de Primaria coñeceron o Museo de Belas Artes da nosa cidade. Na primeira parte da visita explicáronnos a historia de tres cadros de diferentes épocas e na seguinte os nosos pequenos artistas realizaron un taller no que crearon o seu propio cadro coa base dun de Carlos Maside.
sábado, 13 de maio de 2017
OS NOSOS VERMES DE SEDA
Coma todos os anos, a nosa profe María reparte a todo aquel ou aquela que os queira coidar, vermes de seda. Deste xeito, os nen@s ven todo o proceso do seu crecemento, dende as primeiras fases de muda ata ver como van realizando o seu capullo de seda onde realizarán a metamorfose en bolboreta. Neste miniproxecto participan dunha maneira máis directa os nenos e nenas de segundo de Primaria xa que están situados na súa clase e cada día observan os cambios que se producen neles.
PROXECTO SEMENTE: Licenza de venda
O pasado 26 de abril o presidente, tesoureiro, secretario e suplente da cooperativa visitaron o concello para solicitarlle ao noso alcalde, Xulio Ferreiro, a licenza de venda.Esta é necesaria para poder comercializar cos seus produtos o próximo 26 de maio na feira que realizarán todos os colexios participantes neste curso no Proxecto Semente. O presidente da cooperativa tivo que realizar un pequeno discurso para solicitala. Aquí vos deixamos algunhas das fotos da experiencia e o enlace da noticia dixital:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)