luns, 29 de maio de 2017

O POLIFACÉTICO CARLOS CASARES

Este ano, durante a semana do día das Letras Galegas estivemos coñecendo en profundidade a Carlos Casares e as súas obras. Os máis pequenos do cole coñeceron e fixeron grandes murais de dúas das súas obras máis famosas: A galiña azul e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. 






Outros cursos realizaron os libros de Carlos Casares e as súas obras infantís como Lolo anda en bicicleta e O can Rin e o lobo Crispín. 






Os maiores usaron as novas tecnoloxías e o traballo en equipo para buscar información sobre Carlos Casares. Ademais leron anacos dun exemplar da obra "El principito" en galego, a cal foi traducida a este idioma polo homenaxeado. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario