Información
- Páxina principal
- Calendario escolar 2026-2027
- Listado de libros e material escolar. Curso 2026-2027
- UNIFORME
- Estructura Organizativa curso 25-26
- EXTRAESCOLARES 25-26
- Plan de convivencia
- Plan dixital Centro
- Circulares 2025-2026
- Escola para pais e nais
- Servizos
- Contacto
- Normas de Organización e Funcionamento 25-26
- Documentos
- Aviso legal
- Xogos
xoves, 10 de xullo de 2025
luns, 30 de decembro de 2024
Felices festas!!
O equipo docente do Colexio Cid quere desexarvos a todas as persoas que formades parte desta gran familia unhas moi felices festas.
mércores, 6 de novembro de 2024
Renovación parcial consello escolar
De conformidade co establecido na Resolución do 10 de
setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG
do 18/09/2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO
ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os
sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituíu ao efecto o pasado 28 de outubro:
• A directora do Centro.
• Unha representante da titular do Centro.
• Unha representante do profesorado.
• Un pai ou nai ou titor legal.
Son electores e elixibles todos os
membros da comunidade escolar, pero cada membro só poderá ser candidato por un
dos sectores da comunidade escolar.
As candidaturas que toca renovar son:
·
1 representantes de pais/nais.
·
2 representantes do profesorado.
Os/As que queiran presentar a súa candidatura poden recoller as papeletas na secretaría do Centro ou descargalas no apartado de circulares do blogue.
Ás persoas membros da Xunta
Electoral, membros das mesas electorais e aos electores se lles aplicará o
permiso laboral recollido no artigo 117da Lei 2/2015 do Emprego Público de
Galicia e recibirán unha xustificación da dirección do centro pola súa
asistencia.
CALENDARIO
ELECTORAL
_ Martes 22/10/24 ás 14:15. Sorteo para a elección dos membros
da Xunta Electoral.
_ Luns 28/10/24 ás 14:15.
Reunión constitutiva da Xunta Electoral.
_ Mércores 30/10/24 ás 14:15. Publicación dos Censos Electorais, á
vosa disposición na secretaría do Centro.
-
Ata o 6 de novembro: período de reclamación ao censo
_ Do 01/11/24 ata o 8/11/24. Prazo de
presentación das candidaturas á Xunta Electoral na secretaría do Centro ata as 14:15
do último día. Modelo dispoñible na secretaría e no blogue do Centro. http://colegio-cid.blogspot.com/
_ Luns 11/11/2024 ás 14:15. Reunión da
Xunta Electoral para a admisión, proclamación e publicación das candidaturas
admitidas.
-
Sorteo para a determinación de vocais e suplentes da mesa electoral. Publicación dos resultados do sorteo anterior e
convocatoria para a constitución da mesa electoral.
A mesa
electoral estará constituída pola directora do Centro, que actuará como
presidente, e catro pais, nais ou titores legais, designados por sorteo público
entre os que non se presenten como candidatos e actuando como secretario/a o de
menor idade. Preverase o nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo.
_ Martes e mércores 12-13/11/2024. Prazo de presentación de reclamación contra a resolución de
proclamación de candidaturas. A Xunta Electoral resolverá no seguinte día
hábil.
_ Venres 22/11/2024. Eleccións desde as 09:20 ata as 10:00, e das 14:15 ata as 14:50. Cada elector deberá acreditar
a súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade
ou calquera outro documento acreditativo.
_ Luns 25/11/2024 ás 14:15. Reunión da Xunta Electoral para a
proclamación dos candidatos elixidos. Convocatoria para a constitución do
Consello Escolar.
_ Xoves 5/12/24 Constitución do Consello Escolar.
O Consello Escolar é un órgano principal de goberno do
Centro. Polo que facemos un chamamento á participación dos distintos sectores
da Comunidade Escolar.
domingo, 1 de setembro de 2024
Inicio curso 24-25
Inicio del curso 24- 45
Un año más arrancamos con mucha energía e ilusión.
A lo largo de esta semana iréis recibiendo información relativa a la organización de este curso:
- Extraescolares
- Relación de profesorado y /o tutores
- Reuniones de incio de curso
domingo, 14 de xullo de 2024
Excursión a Marcelle
venres, 5 de xullo de 2024
Excursión ao Grove de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
A última fin de semana de maio o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria compartiron uns días no camping do Fieitás situado en O Grove (Pontevedra). Alí puideron gozar de moitas actividades diferentes coma o pádelsurf, piragüismo, kayak, snorkel, escalada, tirolina… Tod@s quedamos con gañas de repetir!




















