martes, 16 de febreiro de 2021
martes, 9 de febreiro de 2021
Día Escolar da Non-violencia e a Paz
Esta xornada celébrase desde 1964 e está recoñecida pola ONU desde 1993.
A idea xurde da iniciativa do profesor español (mallorquino) Llorenç Vidal. O seu obxectivo é a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.
Neste día, os colexios convértense en instrumentos de paz e entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O colexio Cid, como vimos facendo todos os anos, tamén celebramos este día. Fixemos un mural no que participaron todos os nenos/as e outros traballos nas diferentes aulas.
Deixámosvos fotos deles.
Infantil
1º
venres, 5 de febreiro de 2021
Día Internacional da Educación
O pasado día 24 de xaneiro celebramos o "Día Internacional da
Educación".
Os nosos nenos e nenas estiveron traballando sobre a importancia da
EDUCACIÓN e para iso estivemos visionando e reflexionando sobre os seguintes vídeos.
E tamén cos seguintes exemplos...
Finalmente os nosos pequenos actores e actrices fixéronnos un resumo do que
significa a Educación para eles:
Os primeiros en facelo foron os nosos pequerrechos
E por último os nosos maiores regálannos está reflexión sobre a educación
E ata aquí chegou a celebración do Día
Internacional da Educación e lembrade que...
venres, 29 de xaneiro de 2021
Adeus ó primeiro trimestre de Educación Infantil
Ola familias!!
Durante o primeiro trimestre estivemos traballando moito, por iso queremos compartilo con vós para que poidades ver algunhas das actividades que se levaron a cabo na aula. Foron auténticos heroes e heroínas pois as dinámicas cambiaron moito e adaptáronse moi ben.
Nestas actividades poderedes ver como realizaron tarefas de lóxica-matemática, conceptos abstractos, lecto-escritura, manipulación sensorial, elementos naturais, cantigas e bailes, psicomotricidade fina e mooooooooooooooooita ilusión.
Esperemos que desfrutedes tanto coma nós...
Un saúdo das mestras de Educación Infantil