xoves, 15 de xullo de 2021

GRADUACIÓNS 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL, 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E ÚLTIMO DÍA DE CLASE

O luns 21 e o martes 22 de xuño foron días de celebracións e despedidas. Celebramos por un lado as graduacións dos nosos peques e dos nosos maiores e por outra banda, despedimos o que foi un curso diferente, marcado polo esperado fin dunha pandemia.

A sensación agridoce de todos os anos, este curso veuse máis acentuada pola situación sanitaria, que dende o primeiro mes de setembro obrigounos a manter distancias. Mais aínda así, o noso alumnado conseguiu encher de sorrisos, de ledicia e de vida o colexio unha vez máis.

Chegan as ansiadas vacacións, as ganas de desfrutar do verán e a necesidade de recargar enerxía para volver con moita máis forza o curso que vén.

Deixamos a mostra dunhas xornadas que nunca esqueceremos, xa forman parte da historia deste centro.

GRADUACIÓN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL








E un pequeno video de despedida.


GRADUACIÓN 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
 












Para rematar coas graduacións, un vídeo dedicado á nosa especial promoción de alumn@s de 6º donde os podemos ver crecendo dentro do colexio ao longo de todos estes anos.



ÚLTIMO DÍA DE CLASE!















Un ciclo escolar que remata,
unha páxina que chega ao seu fin; 
un paso máis que subir.
A oportunidade comeza de novo;
non é o fin, é o principio do teu porvir.

luns, 12 de xullo de 2021

PROXECTOS

É ben sabido por todos que o traballo por proxectos motiva aos nenos e nenas de cara a aprendizaxe, estimula a súa curiosidade e fainos máis creativos e autónomos. Aínda que con algún cambio por mor desta pandemia, durante este trimestre os nenos e nenas de Primaria do colexio Cid desenvolveron algúns proxectos. 

Deixámosvos unha mostra dalgunhas das actividades deses proxectos:

Observaron moi de preto como funcionaban os animais sociais. Por un lado, aprenderon a función da raíña dentro do formigueiro e os coidados que recibía das formigas que estaban sempre con ela e, polo outro, viron como foron facendo a transformación os cágados e como tiveron que variar a alimentación dentro do proceso. No último cambio tiveron que trasladalos a un estanque natural.






Tamén coñeceron as partes dunha flor a través da súa disección.



E realizaron incribles maquetas para coñecer os sentidos.



Construiron tamén outro tipo de maquetas para entender un pouquiño mellor a xeometría e os corpos xeométricos.



Ademais coñeceron o mundo das Olimpiadas e a súa Historia a través de diferentes actividades. Unha delas foi unha charla coa ex ximnasta rítmica Marta Bobo, que participou nas olimpiadas do 1984 en Los Ángeles.



Outros nenos e nenas realizaron diferentes actividades dentro do proxecto "O cociñeiro Martiño". Cos contos de "O Cociñeiro Martiño", "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas", de Iago López, e outros contos dos Bolechas de Pepe Carreiro, os cales usaron de fío condutor, aprenderon contidos da Lingua Galega e de Ciencias Naturais.






Ademais de aprender moitas cousas sobre os cociñeiros, tamén se converteron en periodistas e realizaron unha entrevista a un familiar para coñecer como se cociñaba no pasado e as receitas favoritas dos nosos ancestros. 




Ao igual que facía Martiño nos dous contos, plantaron sementes de leitugas, millo e xirasol e tamén observaron como creceron e as dificultades que tiveron algunhas plantas para brotar e medrar.



Relacionado coas hortas e as plantas aprenderon a canción na Horta de Balbina e analizaron as súas rimas coñecendo o que eran os versos e as estrofas.


Deixamos o enlace por se queredes repasala durante o verán que sabemos que vos gustou moito:  A horta de Balbina


Unha das últimas actividades que fixeron pero non a menos importante foi a construción dun forno solar. Para facelo utilizaron materiais de refugallo e un pegamento natural feito con auga e fariña.
Con el traballaron o método científico e realizaron hipóteses que comprobaron despois de experimentar con el.











Para rematar o proxecto visitaron as Ecohortas municipais do Agra do Orzán no que aprenderon un poquiño máis sobre os distintos tipos de plantas aromáticas, ornamentais e comestibles e sobre as distintas ferramentas que utilizan os labregos e labregas de Coruña.




Como xa diciamos ao principio da entrada, estas son unha mostra dalgunhas das actividades que se realizaron neste terceiro trimestre pero ao longo do curso realizáronse moitas máis nas que todos os nenos e nenas do Colexio Cid aprenderon moitísimo e se divertiron con elas.
Dende aquí queremos felicitar a todos os peques e non tan peques do cole pola súa paciencia e valentía neste curso tan estrano e especial.

Para o vindeiro curso continuaremos programando máis actividades para aprender moito máis.

Descansade moito pero con sentidiño!!!!!




mércores, 7 de xullo de 2021

PROXECTO LINGÜÍSTICO

Polo fomento da nosa lingua cada ano traballamos diferentes aspectos da nosa cultura e este curso retomamos, dentro do Proxecto do centro “Coñece a nosa terra”, os oficios tradicionais galegos que xa comezáramos pero que non puidemos rematar o curso pasado por mor da pandemia. Foron diversos os oficios que dende infantil ata o último curso de primaria se traballaron nas aulas: telleiros, xastres e costureiras, palilleiras, carpinteiros e oleiros.

Con este proxecto aprendemos vocabulario relacionado con cada oficio como as partes do traxe feminino e masculino e a diferenza entre o traxe de gala e o de faena, as ferramentas e materiais empregados, como se traballaba e como se traballa en cada oficio, as distintas olerías en Galicia e as súas características (Buño e Sargadelos) e reflexionaron sobre o porque da perda dalgúns destes oficios e a ríxida división por sexos dependendo do oficio.

Deixámosvos unhas fotos para que poidades ver o moito que traballaron.


















venres, 2 de xullo de 2021

FIN DO PROXECTO SEMENTE 2021

Despois do traballo de tod@s @s integrantes de Mariofactory, chegou a recompensa!

Como punto final do Proxecto Semente, o pasado venres 18 de xuño, os alumnos de 6º disfrutaron dunha tarde de ocio cos cartos que gañaron no mercado.

Foron ao cine, a ver a película Cruella, que lles encantou.



Despois disfrutaron dunha deliciosa comida.










E pasaron un tempo de risas e xogos no parque.


Ademais, destinaron unha parte dos beneficios a unha boa causa, facendo unha doación de 54,70€ a ASANOG, Asociación de Axuda a Nen@s Oncolóxicos de Galicia, para axudar a familias que teñen ou tiveron fill@s con cancro.


Noraboa polo voso esforzo, compromiso, solidaridade e bo comportamento. Estamos moi orgullos@s e esperamos que disfrutarades moito do proxecto!