luns, 15 de outubro de 2018

A nosa selva

Estamos na clase da selva!!

E como en toda selva debería de haber animaliños, puxémosnos mans á obra.


Comezamos coñecendo e pintando xirafas...


seguimos co conto do libro da selva con Mowgli e Baloo...



e tamén coñecimos a uns moniños moi simpáticos!!



Esta clase está feita unha selva!!!

mércores, 10 de outubro de 2018

MALETAS VIAXEIRAS

Boas de novo rapaces!!!!!  

Este ano preparei dúas maletas viaxeiras que podedes levar á casa e compartir coa vosa familia. Nelas hai libros moi diferentes: dende cómics e libros de poesía, ata libros de receitas e manualidades pasando por contos en inglés, contos de educación emocional ou contos con música.

Tedes dúas semanas para que  lles botedes unha ollada a todo o material ou para que os vosos pais, nais ou avós vos lean algún dos marabillosos contos que incluímos nestas maletas. Tamén hai uns cadernos viaxeiros nos que podedes escribir, debuxar ou pegar fotos e darvos a vosa opinión sobre esta actividade.

Se queredes levar algunha das maletas só tedes que poñervos en contacto coa mestra Marta e se sodes os máis pequechos do cole, os vosos pais,nais ou avós deben falar con ela.



Comezamos esta nova aventura!!!!!

            

















Esperamos que vos gusten a todos!!!!    

sábado, 15 de setembro de 2018

Benvid@s!

Despois dun longo verán xa estamos de volta!

Que máxico é o primeiro día de cole! Nervios, reencontros, caras novas, visitas de antig@s compañeir@s...

Pero agora é hora de poñernos mans á obra e comezar a superar novos retos.

Desexámosvos un magnífico inicio de curso!





martes, 11 de setembro de 2018

3, 2,1......Comezamos!!!



Xa queda menos para voltar a vernos e comezar o novo curso 2018/2019!

Recordámosvos que as clases darán comezo o mércores día 12 no seguinte horario:

Educación Infantil: de 11:00 a 14:00 h.

Educación Primaria: de 9:00 a 14:00 h.


Dando comezo xa o servizo de madrugadores, só para os alumnos/as de primaria, e comedor para infantil e primaria.

xoves, 5 de xullo de 2018

Cancións

AQUI TEDES ALGUNHAS DAS CANCIÓNS TRABALLADAS AO LONGO DO CURSO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA, EN CONCRETO, 4º E  5º
O meco.mp3 La musa de los vientos.mp3 Misterio en el cementerio.mp3