A semana pasada demos comezo a un novo curso escolar no que, ao fin, as medidas de seguridade para a prevención da Covid-19 puideron ser relaxadas. Así, sentámonos en pequenos grupos nas aulas e fixemos actividades conxuntas a través das que compartimos as nosas experiencias do verán, coñecemos máis aos nos@s compañeir@s e expresamos as nosas emocións e desexos de cara a este curso. A continuación, deixámosvos unhas fotos nas que podedes ver algunhas das actividades que estivemos a facer:
Tamén puidemos volver a desfrutar dalgúns momentos tod@s xunt@s, coma o patio.
Seguro que este é só o inicio de moitas vivencias e aprendizaxes das que gozaremos neste novo ano académico!
Ningún comentario:
Publicar un comentario