Coa chegada do final de curso 2021-2022 achéganse tamén as graduacións.
GRADUACIÓN 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Os máis pequenos e pequenas comezaban o día cos nervios a flor de pel, fixéronnos sentir nas nubes durante un acto tan emotivo e as súas mestras xa levan outros novos ocupantes no corazón para sempre. Esta xeración chea de emocións positivas contaxiarán as aulas de primaria. Parabéns!
Premede na imaxe |
Tres cursos xa pasaron e agora toca despedir, unha etapa moi bonita: "A etapa de Infantil". Vamos a repasar algúns momentos que disfrutamos durante estes anos. Esperamos que vos guste tanto como demostran as facianas d@s vos@s fill@s.
(PREME NA SEGUINTE IMAXE)
Disfrutamos un montón da nosa comilona, entre chocolate, risas e confidencias a festa rachada estivo asegurada.
Deséxovos un feliz verán cargado de experiencias e moitas festas máis!!!
Ata sempre pequerrech@s!
GRADUACIÓN 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
E agora é o turno dos maiores...Como pasa o tempo!
Fai nada estabamos a celebrar a vosa graduación de infantil e xa tedes que empreder o vo sós hacia unha nova etapa chea de grandes retos.
Foi a vosa última tarde no cole e estivo chea de emocións; nervios, risas, choros...
Xuntos pudimos ver un pequeno percorrido da vosa historia no CID
Premede na imaxe |
Disfrutamos do noso tradicional acto de imposición de bandas
E continuamos coa nosa actuación e unha merendola sorpresa en compañía de todos/as as/os vosos/as mestres/as de primaria e infantil
Premede na imaxe |
Sabemos que, as veces ,os cambios dan un pouco de vértixe pero... non vos preocupedes! Sabedes que este sempre será o voso Cole e que podedes vir a visitarnos sempre que queirades.
Boa sorte na vosa nova andaina!
Feliz verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario