Un dos pricipios da nosa escola é a educación na Igualdade xa seña de sexo, raza ou relixión.
A través da lectura e de videos traballouse a labor das mulleres ao longo da historia. Recomendamos para os máis pequenos as historias de grandes mulleres que aparecen na serie "Lunnis de Leyenda" como María Pita, Isabel Zendal, Marie Curie ou Concepción Arenal entre outras.
Pero nas nosas vidas tamén hai mulleres que fan historia. Son esas avoas, nais, irmáns, madriñas, tías, amigas, mestras... Loitadoras, traballadoras, carismáticas, creativas... Capaces de todo cun sorriso.
En definitiva, quixemos aproveitar esta data para incidir na defensa da igualdade e de respecto mutuo entre ambos sexos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario