Que mellor maneira de coñecer os elementos da rúa, as persoas que traballan nela, os medios de transporte e a seguridade viaria, que saíndo á rúa para velos e coñecelos de primeira man.
Pois iso foi o que realizaron as alumnas e alumnos de 1º os mércores pasado para repasar dous tema de Ciencias Sociais.
Tamén tiñan que estar atentos para ver todos eses elementos e apuntalos nunha ficha de traballo. Desa maneira traballamos a atención e a lectura.
Ademais fomos observando as diferentes tendas e servicios que ten o barrio do cole ademais de coñecer o nome das rúas que nos rodean.
Ningún comentario:
Publicar un comentario