Os alumnos/as de 5º e 6º de E.P. recibiron o pasado luns unha visita moi especial. O inicio do Ultimate, nas clases de Educación Física, veu acompañado da visita de dous profesionais deste deporte. Sara Rey e Pedro Marcote, membros do club coruñés Polbo e representantes do equipo español en campionatos de Europa e do Mundo, viñeron dar unha clase de iniciación ao Ultimate ao noso alumnado.
A través de diversos xogos de aprendizaxe, comezaron a familiarizarse cos lanzamentos e recepcións dos discos, algo completamente novo para todos.
Ao final da sesión, Sara e Pedro seleccionaron aos catro alumnos/as que máis interese e esforzo puxeron durante a sesión, e déronlle uns agasallos de recordo polo seu esforzo.
Moitas grazas ao club Polbo e, en especial, a Sara e Pedro polos agasallos e pola clase! Esforzarémonos nas vindeiras clases para aprender todo o que nos ensinastes! Foi un placer e oxalá poidades volver e ver todo o que imos aprender.
Ningún comentario:
Publicar un comentario