venres, 20 de abril de 2018

Entrega de Licenzas do Proxecto Semente

Como xa vos presentamos hai uns meses, a nosa escola está a participar nunha iniciativa moi interesante chamada Proxecto Semente. Nela os cursos de 4º e 5º de primaria formaron dúas cooperativas, con todos os pasos que iso conleva, e están a elaborar os productos artesanais que  venderán no mercado de María Pita que se celebrará o vindeiro 25 de maio pola tarde.

Un dos últimos trámites, e non por iso menos importante, é a petición e recollida da licenza de venda. Esta licenza é a que permitirá aos alumnos poder vender os seus productos no seu posto.

O pasado martes,  17 de abril, tiveron a sorte de acudir ao  salón de plenos do Concello da nosa cidade. Estaban ansiosos por entrar, xa que era unha oportunidade boísima para coñecelo por dentro!



 Despois de ler os seus discursos, recolleron de mans do alcalde e concelleiro a licenza de venda.





Unha vez feita a entrega, os membros do equipo directivo de ambas cooperativas posaron  moi ledos coas licenzas nas súas mans.




Ningún comentario:

Publicar un comentario