martes, 13 de marzo de 2018

MOVEMOS O ESQUELETO!!


Nas dúas últimas semanas, o curso de 3º de Educación Primaria, estivo aprendendo sobre a historia da danza e tamén a bailar danzas tradicionais como a polca e a muñeira. Gracias á visita de Belén, prodecente do Centro coreográfico galego, o alumnado desfrutou dunhas entretidas clases que nos acercaron máis a coñecer as diferentes danzas do mundo. 



.



Os alumnos e alumnas aprenderon como o baile e a danza ten multitude de beneficios. Ademais viviron de preto como a práctica do baile é unha maneira de divertirse e mellorar as capacidades e habilidades propias, mentres compartes experiencias cos demais compañeiros e compañeiras.






Ningún comentario:

Publicar un comentario