Un ano máis, e xa van tres, celebraremos o Día mundial da auga cunha carreira solidaria a favor de UNICEF para o suministro de auga potable, boas
prácticas de hixiene e mellores
instalacións de saneamento para as nenas e os nenos de Níxer.
Ademáis, este ano, contaremos coa presenza da actriz galega Lucía Regueiro, que será nomeada como Amiga de UNICEF Comité Galicia por Gloria Del Río, Vicepresidenta de UNICEF Galicia.
E como cada gotiña importa convidamos a todos os familiares e amigos/as a participar nesta carreira/andaina onde, ademáis de pasar un bo rato xuntos colaboraremos por mellorar as condicións das nenas e nenos de Níger.
Vémonos o venres 23 de Marzo a partir das 12:00h!
Ningún comentario:
Publicar un comentario