MMMM! QUE FROITA MÁIS RICA!
A semana pasada todos os nenos e nenas do cole poideron desfrutar dunha cata de uvas, mazás e figos totalmente ecolóxicos. Esta é unha das distintas actividades que realizaremos este ano enmarcadas no proxecto "Escoita a nosa terra". Ademais de degustar as distintas froitas e recoñecer diferentes sabores, coñeceron os beneficios de comer froita todos os días.
Anteriormente xa estiveramos coñecendo as diferenzas entre froitas e verduras.
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta experiencia tan agradable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario