luns, 23 de outubro de 2017

APRENDEMOS COAS FABAS

Esta vez aproveitamos as fabas e os tomates cherry para facer unha sesión de matemáticas manipulativa. Antes diso debullamos as fabas para coñecer un pouquiño máis o oficio dos nosos labregos: profesión elexida no noso proxecto lingüístico.
Despois empregamos as fabas para contalas e traballar as cantidades e as xuntamos para traballar as sumas. Ademais cos tomates continuamos repasando o sentidos do gusto, tacto e a vista.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da nosa sesión. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario