martes, 4 de xuño de 2013

GRATUIDADE SOLIDARIA CURSO 2013-2014


1. DESTINATARIOS

Todo o alumnado matriculado en E.P., E.S.O. ou E.E. nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. REQUISITOS

a)Ser nai/pai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria durante o curso 2013/14 e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

3. SOLICITUDES

3.1. As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais, as nais  ou os titores ou os representantes legais do alumnado.
3.2 As persoas que desexen optar á axuda deberán presentar a solicitude no centro  docente no que estea matriculado o alumnado, segundo o anexo I da Orde do 30 de  maio de 2012, debendo presentar unha solicitude por alumno/a matriculado/a.
3.3 Ditas solicitudes poderán obterse no Centro, na xefatura territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tamén se poderán descargar en formato PDF no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es. DESCARGAR SOLICITUDE
3.4. A solicitude deberá ser asinada polo pai, nai ou titor/a do alumnado excepto nos supostos de separación ou divorcio nos cales poderá ser asinado unicamente polo proxenitor que teña a custodia do menor. Todo iso sen prexuízo da sinatura do resto de membros da unidade familiar computables que sexan maiores de idade.
3.5. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, desde o 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013.
3.6. Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada, o centro xerará un vale que será entregado ao solicitante co que poderá adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, a súa libre escolla e polo importe máximo que figura no devandito vale.

4. DOCUMENTACIÓN

Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación
4.1. Alumnado de educación primaria
a) Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.
b) No suposto de non ter libro de familia ou a se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidades familiar.
c) No caso de discapacidade do alumnado, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acreditarse documentalmente.
d)No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.
 
5. CONTÍA DAS BOLSAS

As contías das bolsas varían segundo os ingresos da unidade familiar no ano 2011 dividido polo número de membros computables (renda per cápita familiar):
5.1. Familias monoparentais
a) Renda per cápita familiar ata 6.000 euros: 170 euros.
b) Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000 euros: 90 euros
5.2. Resto das familias
a) Renda per cápita familiar ata 5.400 euros: 170 euros
b) Renda per cápita familiar desde 5.400, 01 ata 9.000 euros: 90 euros
5.3. Alumnado de educación especial
O alumnado de educación especial que solicite a bolsa e que cumpra os requisitos establecidos recibirán un importe de 250 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

6. ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA

6.1. Respecto do solicitante
A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para comprobar a través da Axencia Estatal de Administración Tributaria e da Consellería de Facenda a veracidade dos datos de carácter tributario declarados na solicitude, sendo necesaria tamén a autorización do resto dos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos, que deberán asinar para tal fin o citado anexo I e indicar o seu NIF/NIE.

6.2. Familias monoparentais
a) Cando conviva un só proxenitor ou titor co alumno/a, deberá acreditarse documentalmente esta circunstancia.
b) No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co alumno/a.
c) Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

7. CONSIDERACIÓNS FINAIS

a) Contido da convocatoria ORDE DO 30 DE MAIO DO 2013
b) Información complementaria  http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria
c) Este Centro asesorará, en horario de secretaría, aos interesados para cubrir as solicitudes e achegar a documentación esixida pola convocatoria.
d) Os vales, para as librerías, entregaranse en horario de secretaría cada venres aos que fixeron a solicitude durante a semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario