Información
- Páxina principal
- Calendario escolar 2026-2027
- Listado de libros e material escolar. Curso 2026-2027
- UNIFORME
- Estructura Organizativa curso 25-26
- EXTRAESCOLARES 25-26
- Plan de convivencia
- Plan dixital Centro
- Circulares 2025-2026
- Escola para pais e nais
- Servizos
- Contacto
- Normas de Organización e Funcionamento 25-26
- Documentos
- Aviso legal
- Xogos
domingo, 14 de xullo de 2024
Excursión a Marcelle
venres, 5 de xullo de 2024
Excursión ao Grove de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
A última fin de semana de maio o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria compartiron uns días no camping do Fieitás situado en O Grove (Pontevedra). Alí puideron gozar de moitas actividades diferentes coma o pádelsurf, piragüismo, kayak, snorkel, escalada, tirolina… Tod@s quedamos con gañas de repetir!
luns, 10 de xuño de 2024
Saídas escolares marzo-abril-maio 2024
O pasado 11 de abril, os nenos e nenas de primeiro visitaron o Castelo de San Antón. Cargad@s de emoción e ilusión, aprenderon unha chea de curiosidades deste Castelo, como os cambios que sufriu ao longo do tempo: pasando de ser unha parte importante da vixilancia da cidade a un cárcere; e finalmente, un dos nosos museos máis importantes.
Aprenderon sobre Xerión e Hércules, sobre diferentes épocas da historia e dalgúns “tesouros” que alí se gardan. Pero, sen dúbida, o que máis lles gustou foi …o “pozo dos desexos”!
Foi unha mañá soleada e cargada de
experiencias marabillosas. Pasámolo xenial!
Saída de 3° EP a Casa Picasso
En pleno ensanche coruñés, no segundo piso da rúa Paio Gómez, flanqueada por dúas das prazas máis importantes da cidade como son Praza Pontevedra e a Praza de Lugo, viviu entre 1891 e 1895 a familia Ruiz Picasso co seu fillo Pablo. Este chegaría a ser un dos pintores máis destacados do século XX. Visitamos todas as dependencias do piso, desde o dormitorio ata o seu ligar favorito para pintar e os utensilios que utilizou. Despois pasamos un bo rato facendo as nosas propias esculturas cubistas combinando os paneis que nos ofreceron.
venres, 10 de maio de 2024
DÍA INTERNACIONL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O día 2 de maio celebrouse o día internacional contra o acoso escolar.
O acoso escolar é unha triste realidade entre os nosos nen@s e moz@s que debe preocupar aos centros educativos e ás familias.
O acoso, tamén coñecido polo termo bullying, consiste na marxinación ou abuso de poder dun ou máis estudantes contra outro. Un tema delicado, que adoita ser minimizado ou silenciado, presente dentro e fóra das aulas, xa que fóra do ámbito escolar tamén se dan situacións de acoso escolar (rúas, parques, autobuses), ou a través de Internet (redes sociais, plataformas de videoxogos, chats, grupos..)
Case sempre, é realizado por un ou varios alumnos en grupo con testemuñas que observan, pero poucas veces interveñen por medo a recibir o mesmo trato ou a ter problemas. Entre as testemuñas podemos contar con compañeiros, profesores, comedores, etc.
Entre os tipos de acoso que sofre a vítima destacan o acoso psicolóxico (medo, soidade, baixa autoestima...), verbal (burlas, insultos, ameazas...), social (exclusión, discriminación), material. (roubo ou destrución de pertenzas do fogar vítima), sexual e, coa popularización das redes sociais, ciberacoso.
Dende o noso colexio quixemos contribuír contra isto e ademais de explicar a todo o alumnado o punto laranxa que temos no cole, aproveitamos que un grupo de estudantes con NEAE propuxera unha actividade para realizala todo o colexio. Ésta consistía en facer visionado de vídeos e despois escribir nun papel aquelas palabras feas que non nos gustan recibir nin dicir. Despois, estes papeliños arrugaronse e botaronse no lixo debuxado por eles. Aquí vos deixamos a mostra en fotos do ben que o fixemos tod@s!
Tanto as familias como os centros educativos somos os responsables da boa educación dos nen@s, así como da prevención, detección e corrección das condutas abusivas. Polo tanto, é necesaria a colaboración mutua.
venres, 3 de maio de 2024
Día do libro 2024
Un ano máis celebramos o día do libro.
Todos sabemos que a lectura é a base de todo. É importante para todos/as e sobre todo, para nenos/as xa que aporta innumerables beneficios cognitivos como a mellora da concentración e da memoria, a adquisición de vocabulario necesaria para mellorar a nosa comunicacións cos demais e mellora a nosa flexibilidade mental e creatividade necesaria para solucionar os diferentes retos e problemas que van aparecendo no noso día a día.
Ademais aporta tamén beneficios emocionais como axuda a reducir o estrés, nos fai máis empáticos e empáticas cando recoñecemos as emocións nas distintas personaxes e nos axuda a coñecernos mellor.
Por todo isto nos parece moi importante que atopemos momentos de lectura en familia. Deixamos algúns consellos para fomentalos:
- Somos modelos dos nosos nenos e nenas así que é importante que nos vexan ler e debemos fomentar neles o interés polos libros e a lectura.
- Poñer libros ao alcance que respondan aos seus intereses
- Ir con eles á biblioteca e lerlles contos.
- Invitarlles a crear a súa biblioteca.
- Habilitar un espazo para gardar os libros.
- Encontrar un lugar agradable para ler.




























