martes, 23 de xaneiro de 2024

Excursión á Policía Nacional e Lonxa!

Os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, foron de excursión ás instalacións da Policía Nacional, en Lonzas. Durante a visita, o noso alumnado, puido coñecer de preto un oficio tan importante como é o de ser policía.

Por un lado, durante o percorrido, aprendemos sobre os cans entrenados para a busca de explosivos e drogas e puidemos ver de cerca e coñecer a un en acción. Por outro lado, tivemos nas nosas mans materiais de uso diario: chalecos antibalas, escudos antidisturbios, cascos e mesmo tivemos a oportunidade de subirnos dentro dun coche patrulla!





Ademais, tamén desfrutamos do museo da policía, onde aprendemos moito sobre a historia deste corpo de seguridade e tivemos de cerca armas antigas, motos, diferentes uniformes, explosivos e, ata unha escena simulada dun crime! 

Unha visita moi completa na que o noso alumnado aprendeu moito sobre este oficio.


 
Doutra banda os cativos de 4º e 5º de Educación Infantil visitaron o pasado xoves a Lonxa de A Coruña. Nesta saída visitaron as instalacións da Lonxa, viron peixes, acercáronse un pouquiño ao mar, xogaron con xeo e pesáronse todos os rapaces chegando aos 300 kg!!!
 
 


 
Esperamos que vos gustara tanto como a nós!!!!
 

luns, 15 de xaneiro de 2024

FELIZ ANIVERSARIO

O pasado venres foi un día máxico en Educación Infantil, pois todos os peques celebraron en conxunto os seus aniversarios. Trátase dunha data moi especial, por iso dámoslles a oportunidade de que ninguén quede sen celebralo cos compañeiros/as, xa que en ocasións os aniversarios coinciden en vacacións. 

Foi unha festa entrañable na que cantaron, bailaron, riron, sopraron candeas e pediron desexos... Deixámosvos coas imaxes. 











PARABÉNS!

venres, 22 de decembro de 2023

Boas festas!!!

 Xa chegou o Nadal!!!

Un ano máis queremos desexarvos a todas as persoas que formades parte desta gran familia que é o Colexio Cid unhas moi felices festas. E coma unha imaxe vale máis que mil palabras non nos estendemos máis e  vos amosamos o que foi o Nadal no Cid.




























Os ollos brillantes das nenas e dos nenos son as verdadeiras luces de Nadal.

 

xoves, 21 de decembro de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE 2023

DÍA DA DISCPACIDADE  
3 DE DECEMBRO DE 2023

"NON SE TRATA DE TER DEREITO A SER IGUAIS SENON DE TER DEREITO A SER DIFERENTES"

Durante a primeira semana de decembro destinamos o tempo a traballar a discapacidade con diferentes actividades aínda que, non só esta semana senón que durante todo o ano.

Deixamos ver aos nenos e nenas do colexio que non é a discapacidade o que fai difícil a vida, senón que son as barreiras que a sociedade pon.
Para que isto non suceda, é preciso que o noso futuro (nen@s pequenos) estén concienciados sobre este concepto.
Nós, os docentes, debemos traballar cóbado a cóbado con vós, as familias, para garantir que todos os nenos e nenas sexan VALORADOS, INCLUÍDOS, RESPETADOS  independentemente da discapacidade ou non que teñan.
Cremos na aprendizaxe basada en xogos, na aprendizaxe significativa, na aprendizaxe vivencial e para iso propuxemos actividades destinadas a poñernos na pel destas persoas.
Queremos agradecer a colaboración sen ánimo de lucro por parte da ONCE, por vir unha vez máis e compartir con nós materiais, vivencias, tempo...
Aquí vos mostramos un pouquiño do feito en fotos:




















 Para rematar, decirvos que a discapacidade non é un problema de que a ten como característica, nin da súa familia, nin do seu entorno, senón que de toda a sociedade....

Loitemos porque non haxa que visionar estes problemas, que sexan naturais e poidamos ter unhas mentes futuras  convivindo  con valores EXTRAORDINARIOS