martes, 16 de novembro de 2021

AXUDAS PARA MÁSCARAS

O venres 12 de novembro, publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22.

DESTINATARIOS/AS DAS AXUDAS:

Alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial (non para Educación Infantil).

ALUMNADO BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR.

O alumnado destas etapas que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/2022 , non terá que presentar solicitude, adquire automaticamente o dereito ás máscaras.

O ALUMNADO QUE NON PRESENTOU NO SEU MOMENTO A SOLICITUDE DE AXUDAS OU QUEDOU EXCLUÍDO.

Poderán presentar solicitude sempre que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a.       Familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b.      Alumnado matriculado en educación especial.

c.       Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

d.      Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.

A solicitude formalizarase a través do modelo oficial contemplado na Orde. Anexo I

Será única para todos os/as fillos/as salvo que estean escolarizados en centros distintos.

Documentación que deberán achegar coa solicitude:

       a.     Anexo II (comprobación dos datos dos membros computables na unidade familiar).

b.      Copia do libro de familia.

c.      Certificado do grao de discapacidade de non estar recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d.      Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.

e.       Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f.     Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.

g.       Certificado de convivencia no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 Anexo I e Anexo II, pinchar aquí

Presentación:

a.    No centro  con cita previa solicitada a través do email: cpr.cid@edu.xunta.gal ou no teléfono: 981 255 244. En horario de luns a venres de 9:30 a 10:30.

Importante solicitar cita antes de vir ao colexio, calquera dúbida que teñades póñedevos en contacto con nós.

b.       O prazo fixado no DOG é de 10 días hábiles contados a partir da publicación da orde no DOG. O último día de prazo, o venres 26 de novembro de 2021.

 RESOLUCIÓN. 

A consulta da resolución provisional e da resolución definitiva será telefónica ou por correo.

sábado, 6 de novembro de 2021

Samaín e Magosto, as nosas festas tradicionais!

Pouco despois do inicio do outono, chegaron, como cada ano, dúas das divertidas festas tradicionais que non podían faltar no noso colexio, o Samaín e o Magosto.

A causa da celebración do Samaín, antiga festa de orixe celta que celebraba o fin do verán, as aulas convertéronse en lugares terroríficos cheos de morcegos, cabazas encantadas, bruxas e arañas.

Como di a lenda,  durante esta festa, é máis fácil transitar e camiñar entre ambos mundos e, ao longo da mañá, animáronse a crear e ler relatos monstruosos e facer divertidas actividades e xogos para celebrar esta  data.

Aquí podemos ver, a decoración das clases que creou un ambiente terrorífico durante esta festividade 😱😨.


                                        




                                        






















                                        



                                        




Debido á importancia de manter as nosas festas tradicionais e continuar transmitindo a nosa cultura ás novas xeracións, ademais do Samaín, chegou o esperado día do Magosto. Durante esta celebración, o alumnado desfrutou dunha nova festa, facendo actividades relacionadas con este día.



















Non podía faltar o desenvolvemento da creatividade, onde se viu un gran traballo creando uns portacastañas moi enxeñosos cos que desfrutaron despois da degustación das deliciosas castañas asadas.















                                        





Noraboa para @s gañador@s dos portacastañas! E tamén a tod@s os que participaron no concurso! Menud@s artistas!