xoves, 16 de febreiro de 2023

Visita Rosa Aneiros

O pasado 14 de febreiro, os cursos 3º e 4º recibimos a visita da escritora galega Rosa Aneiros. Desde principio de curso estivemos a ler o seu último libro publicado "Catro plumas de dinosauro" e tivemos a gran sorte de poder pasar con ela un bo rato facéndolle, moitas non, todas as preguntas que se nos ocurriron!

Ademais de compartir diversas anécdotas do proceso creativo que supón escribir unha historia ambientada nas Fragas do Eume pero na era Cretácea dos dinosauros, tamén puxo a proba os nosos coñecementos sobre eses animais mediante xogos e preguntas.

Como broche final da cita, Rosa asinou un a un todos os libros e aproveitou o momento para falar individualmente con cada alumno/a.

E desde aquí so nos queda agradecerlle de corazón o seu paso polo centro.













xoves, 9 de febreiro de 2023

Visita Fundación Luis Seoane

Boas tardes!

Hoxe, as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil tivemos a gran sorte de visitar a "Fundación Luis Seoane". Este home foi un intelectual que se dedicou á pintura e á poesía, principalmente. Naceu en Bos Aires e emigrou a Galicia, alí pasou parte da súa vida.

Nesta exposición tivemos a gran oportunidade de coñecer as súas obras e os seus traballos máis significativos. Ademais fomos protagonistas dalgunhas obras de arte. Foi moi divertido!

Na clase continuamos creando arte e pintamos algúns dos seus cadros. Sen dúbida, foi un día súper especial e para recordar.
 










" O arte fala o que as palabras son incapaces de explicar"

mércores, 1 de febreiro de 2023

Día da Educación e día escolar da Paz e a non violencia

Os días 24 e 30 de xaneiro, celebramos o día da educación e o día da Paz e a non violencia no noso Cole.

A educación e o coñecemento son as principais ferramentas que todas as persoas deben posuir para poder elexir, pensar e decidir en liberdade .

Educar para a paz é unha forma de educar en valores e ese é o noso pricipal obxectivo coma docentes. A educación para a paz leva implícitos outros valores coma a xustiza, a democracia, a solidariedade, tolerancia, convivencia, respecto, cooperación, amor á verdade... Aspectos importantísimos para poder levar un vida plena en sociedade.

Este ano para celebralo fixemos unha enorme receita con todos os ingredentes precisos para conseguir a Paz:






Educación Infantil







Educación Primaria




























Preme na imaxe para ver o vídeo








"La educación es el arma más poderosa que puedes usar para cambiar el mundo"
Nelson Mandela



venres, 27 de xaneiro de 2023

O COLEXIO CID NO MUNCYT

 O pasado venres 20 de xaneiro, as clases de 5º e 6º E.P. fixemos unha visita cultural ao museo nacional de ciencia e tecnoloxía (MUNCYT).


A visita comezou cunha proposta lúdica de aprendixase sobre diferentes inventos de séculos pasados. A través dun xogo de pistas por grupos, o alumnado buscou información  polas diferentes salas do museo descubrindo e comprobando a enorme evolución tecnolóxica e científica da nosa sociedade. Comezamos observando dende unha simple roda, pasando pola máquina de vapor, a luz dun faro, unha avioneta, o primeiro ordenador e ata chegar ás videoconsolas.








Ademais, tamén tivemos a oportunidade de ver de cerca un motor dun avión e a cabina do piloto dun boing 747 que estivo en funcionamento ata o ano 2004.





Podemos asegurar que foi unha visita moi entretida para tod@s, onde aprendemos moito sobre a evolución da ciencia e a tecnoloxía nos últimos séculos!



xoves, 26 de xaneiro de 2023

OS NOSOS ANIVERSARIOS

 

O pasado venres foi un día moi especial. Un día no que todas e todos os nenos de Educación Infantil, celebraron os seus aniversarios en conxunto. 

Desta forma aproveitamos esta celebración para darlles a oportunidade de desfrutar dun aniversario en conxunto intentando así, que ninguén quedase sen celebralo cos seus compis. En moitas ocasións, os aniversarios coinciden en vacacións e non chegan a festexalos na aula rodeados das súas amigas e amigos. 

Deixámosvos algunhas imaxes para que poidades ver canto desfrutamos deste día tan especial. 











Gustounos moito cantar, bailar, comer... pero sobre todo compartir este momento tan especial coas nosas amigas e amigos do cole.