De conformidade co establecido na Resolución do 20 de
setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG
do 29/09/2021), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que
lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións
ao Consello Escolar segundo as seguintes normas:
Corresponde este curso a renovación parcial dos membros
do Consello Escolar ao longo do mes de novembro de 2021. O mandato habitual dos membros do
Consello Escolar é de catro anos. A renovación do Consello Escolar tiña que
terse producido o pasado ano (novembro de 2020) e adiouse pola situación
sanitaria derivada da pandemia da COVID-19. Por esta razón, e para non alterar
as datas das renovacións por metade dos consellos escolares, a resolución do
20/09/2021 establece no seu apartado Terceiro 2 que “co obxecto de manter os períodos de renovación, os membros do Consello
Escolar elixidos conforme o proceso adiado no curso 2020/2021 serán nomeados por un período de tres
cursos escolares”.
Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar, pero cada
membro só poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.
As candidaturas que toca renovar son:
·
4 representantes de pais/nais.
·
2 representantes do profesorado.
Os/As que queiran presentar a súa candidatura poden recoller as papeletas
na secretaría do Centro.
Ás persoas membros da Xunta Electoral, membros das mesas
electorais e aos electores se lles aplicará o permiso laboral recollido no
artigo 117da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia e recibirán unha
xustificación da dirección do centro pola súa asistencia.
CALENDARIO ELECTORAL
_ Martes 02/11/21 ás 14:15. Sorteo para a elección dos membros da
Xunta Electoral.
_ Xoves 04/11/21
ás 14:15. Reunión constitutiva da Xunta Electoral.
_ Venres 05/11/21
ás 12:00. Publicación dos Censos Electorais, á vosa disposición na secretaría
do Centro.
_ Do 05/11/21 ata o 15/11/21. Prazo de presentación das candidaturas
á Xunta Electoral na secretaría do Centro ata as 13:45 do último día. Modelo
dispoñible na secretaría ou pinchando aquí.
_ Luns 15/11/2021 ás 14:15. Reunión da Xunta Electoral para a admisión,
proclamación e publicación das candidaturas admitidas.
_ Martes e mércores 16-17/11/2021. Prazo de
presentación de reclamación contra a resolución de proclamación de
candidaturas. A Xunta Electoral resolverá no seguinte día hábil.
_ Venres 19/11/2021. Sorteo para a determinación de vocais e
suplentes da mesa electoral. Publicación dos
resultados do sorteo anterior e convocatoria para a constitución da mesa
electoral.
A mesa electoral estará
constituída pola directora do Centro, que actuará como presidente, e catro
pais, nais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se
presenten como candidatos e actuando como secretario/a o de menor idade.
Preverase o nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo.
_ Mércores 24/11/2021. Eleccións desde as 09:20 ata as 10:00, e das 14:15
ata as 14:50. Cada elector deberá acreditar a súa personalidade
mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro
documento acreditativo.
_ Luns 29/11/2021
ás 14:15. Reunión da Xunta Electoral para a proclamación dos candidatos elixidos.
Convocatoria para a constitución do Consello Escolar.
_ Venres 10/12/2021.
Constitución do Consello Escolar.
O Consello
Escolar é un órgano principal de goberno do Centro. Polo que facemos un
chamamento á participación dos distintos sectores da Comunidade Escolar.