xoves, 13 de xuño de 2019

Visita á Torre de Hércules





Os alumnos/as de 6º visitaron, o pasado luns, a Torre de Hércules.
É o faro romano máis antigo do mundo e é o único que se conserva en funcionamento. 
Dende o 2009 é Patrimonio da Humanidade.
Varias lendas relaciónanse con esta construcción pero a máis coñecida é a de Hércules. Este chegou en barca ata a costa de Coruña onde loitou co xigante Gerión. Despois de vencelo no combate, enterrou a súa cabeza no lugar onde está construíada a Torre de Hércules.







venres, 7 de xuño de 2019

Actos de Graduacións e fin das actividades extraescolares

Aproxímase o final do curso e con el os cambios, as despedidas e o final dunha etapa.

Para celebralo o pasado mércores 5 de xuño, celebramos os nosos actos de Graduación e as actuacións e entregas de diplomas das actividades extraescolares. 
Foi unha tarde moi especial en compañía das nosas familias e amigos/as.
Unha vez máis...Grazas por acompañarnos!








Noraboa Graduados/as!









Letras Galegas 2019: Antón Fraguas Fraguas

Este ano o protagonista do día das Letras Galegas foi o historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas. No cole fixemos diferentes actividades para coñecer un pouquiño a súa figura e tamén para poñer de relieve a nosa cultura e idioma.

Na clase de 4º de Educación Infantil aprenderon ademais a situar Galicia no mapa de España e coñeceron os traxes típicos rexionais galegos, aos cales, Antón Fraguas adicou tempo nas súas investigacións.




Os nenos de 5º de infantil coñeceron a Antón Fraguas Fraguas e coñeceron un pouco da súa vida e a súa obra.
Da súa obra nos quedamos coa poesía de "Eu pedinlle leite á vaca", a aprendemos e traballamos sobre as vacas, as súas partes, que fan por nós e que nos dan.



Os pícaros e pícaras de 5 anos traballaron moito unhas semanas antes do gran día de Galicia. Comenzaron con forza falando e chapurreando a nosa fala galega (saíron cousas graciosas e aprendemos moitas outras xa case esquecidas....).
Fixemos actividades relacionadas coa poesía de Antón e tamén coñecemos un pouquiño da súa vida e traxectoria. Centrámonos nun anaco da súa poesía O Raposo a cal nos gustou moito.
Unha vez máis recurrimos ao conto das Zocas Máxicas para coñecer o que é unha aldea e aprender cousas e paraxes que se poden atopar nela. Pareceunos importante ver onde naceu o antropólogo, historiador e xeógrafo pois como el ben dicía " fun sempre un neno da aldea".







Na clase de primeiro, ademais de coñecer as catro provincias galegas, centrámonos na súa labor de periodista e investigador recollendo diferentes refráns galegos relacionados co tempo metereolóxico o que nos permitiu repasar o vocabulario dos metereológos.



Ademais aprendemos a canción de Paco Nogueiras "Meu o mundo é" que nos gustou moito e con ela descubrimos tamén algúns intrumentos musicais típicos galegos como a gaita ou a pandeireta. Deixamos o enlace para que pasedes un ratiño divertido cantando na nosa lingua: MEU O MUNDO É.


Os nenos e nenas de segundo aproveitamos a semana para traballar a expresión oral con actividades de traballo en equipo e describindo aos nosos amigos os peluches.



















Ademais plantaron sementes de cabaza para coñecer o traballo dos labregos que viven nas aldeas, o cal aproveitamos para coñecer o conto e a canción de "Corre, corre cabaciña" que nos valeu para aprender os aumentativos e diminutivos en galego e traballar a entoación das frases interrogativas e exclamativas: Canción: Corre, corre cabaciña.




Outras clases realizaron diferentes murais que podemos ver na sala de usos múltiples.



E na aula de apoio aproveitaron a semana para traballar as dificultades da lectura con lecturas en galego.



E por último, pero non menos importante, ao igual que facemos noutras datas especiais, tamén nesta ocasión Tico nos fai recomendacións de diferentes libros na nosa lingua e tamén nos recomenda que pinchemos no apartado de CANCIÓNS EN GALEGO, na sección de páxinas e blogues que seguimos ou utilizamos no cole. (Podedes atopala debaixo da sección de Etiquetas)













martes, 4 de xuño de 2019

Flores con moita arte

Ola de novo!


Coa chegada da primavera comezamos un novo reto chamado "Flores con moita arte" no que nos convertemos nuns auténticos artistas e decoramos a clase coas nosas obras de arte.


E como non hai artista que se precie sen unha boa paleta de pintura, ahí que nos fomos a facer a nosa propia paleta.


Xa coa nosa paleta feita demos a benvida á primavera adornando a nosa clase cun montón de flores!


Pouco a pouco fomos coñecendo a distintos artistas como Archimboldo, que nos ensinou que podemos facer retratos con flores,


e con froitas e verduras.


Tamén coñecemos a Monet co seu campo de amapolas e gracias a el puidemos pintar con pincel e pintura de dedos.



Tamén descubrimos a Mondrian e as súas obras, e nos inspiramos na súa técnica para facer o noso cadro. Primeiro pegando xornais vellos,


e logo facendo os cadros con trozos de cartón e finalmente coloreándoos coas cores que máis lle gustaban a Mondrian, o vermello, o azul e o amarelo.


 
Despois experimentamos un poco coa simetría.


Primeiro pintamos a metade dunha cartulina e ao dobrala estampouse sobre a outra metade formando un debuxo simétrico.


E logo fomos terminando a metade doutros debuxos.


Seguindo coa simetría coñecemos a Matisse e as súas flores.


E por que non rematar a nosa obra cuns toques coa base dunha botella mollada en pintura...



Como xa estamos experimentando con diferentes materiais agora collemos unhas esponxas e imos rematar o " Xarrón con flores" de Gauguin con distintas cores.


Por útimo fixemos unha paisaxe con rodillos para o xardín e o ceo, e con garfos para as herbas.


Fixémoslle flores con tubos de papel hixiénico.


Rematámola co pincel.


 E colóusenos un paxariño feito con medio disco de algodón.


E ata aquí chegamos! Ata o próximo reto!

sábado, 1 de xuño de 2019

Noraboa Fantasyworld !

Onte, no mercado do Proxecto Semente a clase de 5º, coa súa Cooperativa "Fantasyworld",  recibiu o premio  ao centro educativo con máis implicación no proxecto.

Noraboa a todos e todas polo voso traballo e pola vosa implicación
e gracias a todas as familias e compañeiros/as que nos apoiaron neste día tan especial.