venres, 19 de maio de 2017

OS NOSOS PEQUENOS ARTISTAS

A semana pasada, os alumn@s de primeiro e segundo de Primaria coñeceron o Museo de Belas Artes da nosa cidade. Na primeira parte da visita explicáronnos a historia de tres cadros de diferentes épocas e na seguinte os nosos pequenos artistas realizaron un taller no que crearon o seu propio cadro coa base dun de Carlos Maside.





Como non deu tempo a rematar as fermosas obras que estaban creando, deixamos tempo no cole para acabalas.





sábado, 13 de maio de 2017

OS NOSOS VERMES DE SEDA

Coma todos os anos, a nosa profe María reparte a todo aquel ou aquela que os queira coidar, vermes de seda. Deste xeito, os nen@s ven todo o proceso do seu crecemento, dende as primeiras fases de muda ata ver como van realizando o seu capullo de seda onde realizarán a metamorfose en bolboreta. Neste miniproxecto participan dunha maneira máis directa os nenos e nenas de segundo de Primaria xa que están situados na súa clase e cada día observan os cambios que se producen neles. 



PROXECTO SEMENTE: Licenza de venda

 O pasado 26 de abril o presidente, tesoureiro, secretario e suplente da cooperativa visitaron o concello para solicitarlle ao noso alcalde, Xulio Ferreiro, a licenza de venda.Esta é necesaria para poder comercializar cos seus produtos o próximo 26 de maio na feira que realizarán todos os colexios participantes neste curso no Proxecto Semente. O presidente da cooperativa tivo que realizar un pequeno discurso para solicitala. Aquí vos deixamos algunhas das fotos da experiencia e o enlace da noticia dixital:





xoves, 11 de maio de 2017

DIA DA CIENCIA NA RÚA II

Como xa sabedes por entradas anteriores, o pasado sábado 6 de maio celebramos o día da Ciencia na Rúa. Con este día preténdese achegar a ciencia a grandes e pequenos dun xeito festivo e divertido. O noso cole participou por segundo ano co tema da auga. Deste xeito, incorporamos este día ao noso macroproxecto O poder da augaAquí vos deixamos algunhas fotos.






















martes, 9 de maio de 2017

BECAS COMEDOR CURSO 2017-2018

Resultado de imagen de becas comedor


 Hoy martes 9 de mayo de 2017 se publican en el BOP de A Coruña las bases que rigen la nueva convocatoria del Programa de Beca comedor del Ayuntamiento de A Coruña para el curso 2017-2018.

El plazo para la presentación de solicitarlas será del 9 al 30 de mayo, ambos incluidos.

Podéis obtener los impresos para la solicitud aquí, en los Registros municipales, en las Unidades de Atención Social (Ágora, Cuatro Caminos y Monte Alto), en los centro cívicos municipales o en la secretaría del colegio. 

Bases Becas de Comedor 2017-2018

xoves, 4 de maio de 2017

XXII DIA DA CIENCIA NA RÚA



Por segundo ano, o noso centro participará este sábado no Día da Ciencia na Rúa. O fío condutor da nosa jaima, nesta ocasión, será a auga. O alumnado de primaria ensinaravos dende os estados da auga ata a necesidade do seu aforro, pasando polas distintas propiedades e ciclos. Todo esto achegaránnolo dunha forma lúdica e participativa onde grandes e pequenos poderán desfrutar coas experiencias científicas e conseguir "wonenburgers" que poderedes canxear por agasallos.

Estaremos de 11 a 19 h.

 Esperamos vervos a todos!!!






Deixámosvos o plano onde ademáis das entidades participantes podedes ver outras actividades que se levarán a cabo ese día no parque, coa novidade dunha jaima do banco de alimentos.