A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o anexo I en castelán e anexo I en galego no noso centro en horario de secretaría. (luns a xoves de 9 a 10 e luns, mércores e xoves de 13:20 a 14:00)
Neste horario podedes adquirir os documentos e preguntar as dúbidas que teñades.
Tamén pode ser entregada polo propio alumnado ao que se lle entregará unha copia de entrega.
O prazo é do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2026, ambos incluídos.
A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.