No Diario Oficial de Galicia do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola
que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e
se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos
con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.
O prazo
para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación
desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de
2018 (este incluído).
O
alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un
centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia
ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos
poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar
solicitudes despois do 31 de marzo de 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario