martes, 20 de febreiro de 2018

PROXECTO: O NOSO GRAN DE MILLO

Estudando o tema da alimentación decateime de que os nenos coñecen moi polo miúdo o grupo dos cereais. Así naceu este proxecto relacionado co gran proxecto de centro deste curso: "Escoita a nosa terra". A continuación vos ensinamos un resumo de todas as actividades que realizamos. 


  • A primeira delas foi poñer nun algodón, cada un de nós, un graniño de millo alá polo mes de decembro para observar a súa xerminación. Cos nosos coidados coñecimos cómo xermina primeiro e crece despois unha planta coma o millo. No mes de febreiro podedes observar qué bonita está a nosa plantiña e podedes recoñecer todas as súas partes.





  • Noutra sesión lemos o conto de O polo Pepe e xogamos co peluche deste poliño tan simpático. Ademais como sabemos que lle gusta moito o millo, ademais da cebada e o trigo, esfollamos e debullamos unha mazorca para darlle de comer. Cada un de nos metémoslle dous graniños de millo no seu peteiro e fomos contando cantos comeu en total.




Ademais aprendimos esta canción do polo Pepe. A ver se vos animades a cantala:


Cos grans que debullamos probamos a botarlles un pouco de aceite e sal para comprobar se nos saían flocos de millo (palomitas de maíz) pero o primeiro intento foi fallido como podedes comprobar nas fotos. Pechando os ollos escoitabamos como estoupaban os flocos e o ben que ulían. No segundo intento estouparon algúns pero non os suficientes como para probalos. Deste xeito tivemos que comer os flocos de millo comprados. Estaban boísimos!!!!



  • Ao seguinte día de comer os flocos (palomitas de maíz) fixemos problemas de matemáticas nos que os nenos de primeiro somos os protagonistas. Encántannos facer este tipo de fichas. Deixamos o enlace ao documento por se queredes repetilos na casa: PROBLEMAS CON LAS PALOMITAS


  • Por último, a profe Adriana nos ensinou cómo se facía o pan. Coñecimos os diferentes ingredientes, en especial ese ingrediente máxico que fai que creza tanto a masa e nos levamos para a casa un boliño de pan. Coa axuda dos nosos pais fixemos o último paso: metelo no forno.





Nos fixemos pan de trigo pero con esta canción coñecimos que tamén se fai pan co millo: CANCIÓN PAN DE MILLO

Así rematou o noso proxecto. Aprendimos moito e o pasamos moi ben. Esperamos que vos gustase.

Ningún comentario:

Publicar un comentario