luns, 2 de maio de 2016

Coñecendo o noso entorno ( II parte)

O pasado mes de Abril, os alumnos/as de primeiro de Primaria fixeron unha saída para realizar dúas actividades diferentes.
Por unha banda, camiñaron ata unha caixa de correos repasando as principais rúas que coñeceran na saída anterior e ao chegar a ela botaron as postais de Rosalía de Castro. Esperamos que chegaran todas correctamente!!!!
 


 
E pola outra, baixaron ata o parque de " Los Puentes" para coñecer de primeira man a diferenza entre árbore, arbusto e herba e as partes dunha planta. Ata puideron recoller os froitos dalgunhas desas árbores e observar directamente algunhas raíces.

  


Todos desfrutamos desta saida e os nenos portáronse moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario