mércores, 10 de febreiro de 2016

COÑECENDO O ENTORNO MÁIS PRÓXIMO DO NOSO COLE


O pasado mércores as clases de primeiro e segundo de Primaria realizaron unha saída ás rúas dos arredores do colexio para traballar, dun xeito diferente, o tema da "Rúa" na materia de Ciencias Sociais. A través dun mapa, coñeceron o nome das distintas rúas máis cercanas e realizaron un traballo de observación e búsqueda de diferentes elementos que podemos atopar na nosa paisaxe urbana.
Con esta saída tamén traballamos a educación viaria, algo que consideramos fundamental para prever diferentes tipos de accidentes.
 Os nenos estaban moi ilusionados e portáronse moi ben, así que seguramente realicemos máis actividades similares. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra destes pequenos investigadores cos seus mapas.



















Ningún comentario:

Publicar un comentario