luns, 5 de novembro de 2012

CONSELLO ESCOLAR



CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

De conformidade co establecido na Resolución do 7 de setembro de 2012 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 20), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:
O director ou directora do Centro.
Un representante do titular do Centro.
Un representante do profesorado.
Un pai ou nai ou titor legal.

Os dous últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988,do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 6, de novembro, martes, ás 11:00 horas.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario