domingo, 4 de marzo de 2012

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2012-2013

Dende o día 1 de marzo ata o 10 de abril todas as familias que o desexen poden solicitar praza neste colexio para o curso 2012-2013. 

Na Secretaría do colexio proporcionase toda a información e solicitudes, e tamén aquí poden descargar  toda a información relativa ao proceso de admisión.

 As solicitudes de admisión , deberán ser presentadas na Secretaría do colexio ( o centro permanecerá pechado desde o 31 de marzo ata o 9 de abril por vacacións de Semana Santa), debendo ir acompañadas da copia do DNI do alumno/a ou da copia do libro de familia.


Antes do 30 de abril publicarase a resolución provisional de admitidos e non admitidos.O alumnado admitido no centro formalizará a súa inscrición na secretaría do 20 ao 30 de xuño. 

  


Ningún comentario:

Publicar un comentario