sábado, 30 de novembro de 2019

Iniciámonos na robótica


Os alumnos/as de 6º tivemos un taller moi especial "Acércate a la robótica" da Fundación Barrié.

Un taller moi interesante cun Mblock. Grazas a unha tablet e a través dunha adaptación do software Scratch 2.0 na App de Mblock os nenos/as puideron interactuar nun entorno físico realizando ordes sinxelas de movemento, velocidade, reprodución de sons... Que ademáis resultou moi intuitivo e divertido para os nenos/as.







venres, 22 de novembro de 2019

O rato Pérez

Aproveitando as lecturas do noso libro El lobo Lupas e sabendo da ilusión dos nenos e nenas cada vez que se lles cae un dente, este ano, os nenos e nenas de 1º de Primaria estreamos o proxecto " O rato Pérez".

Neste proxecto lemos diferentes contos e repasamos e xogamos coas letras d, n e r.



Ademais aproveitando os nomes dos nosos monecos e os nosos propios aprendemos que temos que escribir a primeira letra en maiúscula.


E como nos encanta cantar e bailar, traballamos as rimas coa canción do rato Perez do grupo Cantajuegos. Aquí vos deixamos o enlace para que a poidades escoitar as veces que queirades.



Tendo en conta que o número dez e decena comezan pola letra d, pois tamén aprendemos neste proxecto un pouquiño de Matemáticas dun xeito máis manipulativo e divertido usando plastilina e dentes do rato Pérez para traballar tamén a psicomotricidade fina.





Tamén construimos a nosa propia decena. 





E se aprendemos  e traballamos co noso compañeiro ou compañeira pois mellor que mellor.



Por suposto, nos tamén podemos ser os protagonistas de problemas matemáticos, repasando de novo como se escriben os nosos nomes e resolvéndoos utilizando os dentes do rato Pérez.


Mirade que ben o pasamos cantando a canción.

E para realizar máis actividades en grupo inventamos unha historia cos nosos monecos de clase. Aprendemos que necesitamos uns protagonistas e un lugar onde situar a historia. Ata lle inventamos un título!

 Primeiro tivemos que falar e poñer en común as nosas ideas e despois tivemos que explicarllo ao resto da clase e representar o conto. Sabedes cal foi o tema principal que saiu nos catro grupos? amizade.



Tamén aproveitamos as clases de Educación Física para repasar os números que teñen unha decena e saltar e contar hacia diante e hacia atrás.



E para rematar, sabendo da importancia de adquirir uns bos hábitos de hixiene , recordamos a importancia de lavar os dentes despois de cada comida e comer poucas chuches cun conto e cun cartel que temos colgado na clase.




.

Esperamos que vos gustara o noso proxecto! Nós traballamos moito e aprendemos moitas cousas con el.






sábado, 16 de novembro de 2019

Corre corre, cabaciña

Para celebrar o Samaín, as nenas e os nenos de 4º de Educación Infantil aprendimos da man do  conto de Corre corre, cabaciña. 

A través deste conto poidemos familiarizarnos con conceptos básicos como dentro-fóra, grande-pequeno, primeiro - derradeiro, iniciámonos en asociación número-cantidade pero non soamente iso, senón que nos achegamos ao mundo da dramatización.  Todo isto non sería posible sin unha previa comprensión lectora, polo que introducimos elementos interactivos e atractivos nas actividades, para favorecer a retención dos contidos nas nenas e nos nenos .



A avoíña recibiu unha carta da súa neta para invitala a unha festa rachada. Púxose tan contena que marchou para a casa da súa neta...polo tanto iniciámonos na escritura, escribindo algunhas das vogais que coñecemos e aínda que vos pareza moi doado, intentamos doblar a carta para que collese dentro do sobre. Ademais, aproveitamos para recordar que elementos ten a nosa cara e traballamos as expresións das nosas emocións.







Polo camiño atopouse con tres feras, o lobo, o oso e o león que a querían comer..... ademais de traballar a motricidade fina co rasgado de papel para o león e coa elaboración de boliñas pequenas para as orellas do oso, tamén pintamos con témpera e con ceras. Coas tres feras poidemos traballar a orde na que aparecían no conto, primeiro,segundo e derradeiro.





Para esconderse das feras durante  camiño de volta á casa, a neta colleu a cabaza mais grande que había na horta, meteu a avoa dentro e botouna a rodar mentras cantaba. Non soamente pintamos con pincel e rasgamos papel, senón que tamén empregamos o punzón para facer un oco na cabaza e poder escondernos das feras, ademais de traballar grande-pequeno e dentro-fora outra vez máis.



Ademais, aproveitando as cabazas da horta, fixemos series de grande e pequeno e asociamos o número ca cantidade de cabazas que había. Manipulamos e experimentamos as cabazas facendo agrupacións, traballamos o olfato e o tacto e fixemos unha sopa de cabaza para celebrar o día. 



Para rematar, as nenas e os nenos dramatizaron este conto, que despois de varios ensaios, decidiron que querían compartilo coas súas compañeiras e compañeiros de 5º e 6º de Educación Infantil para celebrar o Samaín.
Coa dramatización estamos a traballar moitos contidos, pois onde soamente parece un xogo,  temos que ter en conta que se está traballar:
 - a imaxinación da nena ou neno
- enriquecemento  do vocabulario, favorecendo a expresión e comprensión
- cantado de cancións
-  a atención
- a creativade
- comprensión lectora
- expresión corporal

Aqui podedes ver algunhas das imaxes das nosas representacións , seguro que non nos coñecedes ben porque temos unhas caretas que dan un pouco de medo....



Dramatizar o conto, gustounos moito, pero compartir o noso traballo co resto de cursos de Infantil, gustounos moito máis. Un teatro faise con público e ese aplauso tan grande que recibimos, motivounos tanto, que non podemos parar de preparar cousiñas. 


Esperamos que vos gustara esta aprendizaxe baseada en proxectos,  do conto  Corre corre cabaciña, que podedes desfrutar en familia no enlace. 

venres, 8 de novembro de 2019

Un patio especial

Onte os nenos e nenas de primeiro e segundo tiveron un patio especial xa que o realizaron nas súas aulas. Nun principio parecía un pouco aburrido pero nada máis lonxe da realidade: poideron mesturarse entre as dúas aulas, algo que lles encantou. E mentres uns realizaban actividades máis tranquilas outros non paraban de cambiar de xogo. 

Mirade que ben o pasaron!!!!



















venres, 1 de novembro de 2019

Magosto e Samaín!

Coa chegada do outono chegan dúas das nosas celebracións favoritas: 
O magosto e o Samaín.

Os alumnos de Ed. infantil pintaron castañas, experimentaron con cabazas que posteriormente decoraron, leron contos relacionados con estas celebracións e fixeron un magnífico teatro de sombras sobre o conto "A la cama monstruos".






Percorreron as clases dos maiores cantando canción "Trick or treat". 
Que susto nos deron!



Os alumnos/as de  leron diferentes contos  e traballaron a intelixencia matemática, lingüística, interpersonal, musical e visoespacial con actividades do Samaín.



Na clase de 3º traballaron o magosto e decoraron a súa porta con doces castañas.



alumnos/as de 4º recibiron unha doce sorpresa:




Na clase de 5º fixeron unha decoración moi calofriante!




Os alumnos/as de 6º realizaron un Escape Room, un xogo para traballar en equipos resolvendo enigmas sobre diversas materias.




Dende a aula de música prepararon a Canción de Mamá Cabra "O Samaín" e unha Canción sobre San Andrés de Teixido.



A Biblioteca realizou a IX edición sobre Relatos Monstruosos.





Noraboa aos Gañadores!

E no magosto degustamos as nosas magníficas castañas e desfrutamos xogando todos/as xuntos/as.