domingo, 29 de decembro de 2019

O Nadal

Aproveitamos estes días de lecer para ensinarvos parte do traballo realizado as últimas semanas de clase co centro de interese do Nadal.

Os peques de Educación Infantil durante todo o mes de decembro realizaron distintas actividades e manualidades traballando a lateralidade, psicomotricidade, trazos, conteo, letras...e sobre todo reforzando a axuda e o compañeirismo.













Despois de semanas de ensaios presentamos as nosas actuacións ás familias no gran escenario do centro sociocultural Ágora. 




E por último, pero non menos importante, celebramos a festa de Nadal no cole coa visita de Papá Noel incluida e ensaio da despedida ao ano 2019 coas uviñas da sorte.


















Dende o equipo directivo e o claustro de mestres do CPR CID desexámosvos que esteades a pasar unhas felices festas.


domingo, 22 de decembro de 2019

Recomendacións e novidades da biblioteca

Chegaron novos contos á biblioteca para traballar esta época tan especial:



E como cada ano  dámosvos unha serie de suxestións para desfrutar no voso tempo de lecer:


sábado, 21 de decembro de 2019

ANIVERSARIOS PRIMEIRO TRIMESTRE



En 4º de Educación Infantil este trimestre celebramos os aniversarios de Carlota e Alessia que  cumpliron 3 aniños.



Celebrámolo dunha forma moi especial, pois nas nosas mans suxeitábamos a Terra, planeta no cal vivimos e debemos coidar e respectar, e xiramos arredor do sol tantas veces como anos tiñan. Desta forma poidemos comprender que a Terra xira arredor do Sol e canto tempo lle leva facelo para poder cumprir un aniño máis. Para finalizar cantamos tantas cancións como coñecíamos e aprendimos a cantala en inglés, e sopramos a vela entre todos para celebrar estos aniversarios.

Parabéns Carlota e Alessia!!

luns, 16 de decembro de 2019

Visita á Casa das Ciencias: A Astronomía

Este ano os nenos e nenas do colexio Cid imos especializarnos un pouquiño en Astronomía xa que é o tema principal que imos expoñer o día da Ciencia na rúa.
Por este motivo @s nen@s de 1º, 2º, 3º e 4º visitamos á Casa das Ciencias. Nela, xogando e experimentando poidemos entender moitas cousas das Ciencias.
Ao final desta visita fomos ao planetario onde cun relato moi divertido, A noite do vampiro, aprendemos como funciona o noso sistema solar e tamén as diferentes constelacións que existen.












Despois os nenos e nenas de 1º e 2º tivemos un recreo un tanto especial xa que o fixemos no parque das Pontes como premio ao noso bo comportamento durante a visita.



 Foi unha mañá moi divertida xa que ademais de pasalo moi ben aproveitamos o paseo ata a Casa das Ciencias para observar e repasar os diferentes tipos de árbores e moitos niños que quedaron ao descuberto pola caída das follas no outono. Cómo nos gustan as saídas culturais!!

venres, 13 de decembro de 2019

A Vendima

Agora que está rematando a estación do outono queremos mostrarvos unha das festas que realizamos os nenos e nenas de Educación Infantil, a festa tradicional da Vendima.  
Aproveitamos esta festa para traballar a motricidade fina, conceptos como cheo-baleiro, o sentido do tacto, do olfato, do gusto...Ademais elaboramos cadanseu gorro reutilizando os xornais do cole e nos decidimos a realizar a colleita da uva para facer un riquísimo zume,  esmagando a uva cos pes como antigamente. 













                   

Tamén os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil despois de ler a fábula da Zorra e as uvas que nos axudou a reflexionar sobre o valor do esforzo, xogamos con algunhas adiviñas relacionadas coas uvas e a vendima. Co paso dos días foron chegando racimos e empezamos a investigar sobre a tan aprezada froita: cantas uvas podían chegar a ter, os piños, as variedades de uvas, cores, formas, tamaños, a súa característica folla...

Tamén estampamos con corchos os racimos mezclando cores, contamos de novo cada uva de cada racimo e rematamos con mini taller de grafismo utilizando os rotuladores e creando camiños divertidos coma espirais.....para traballar o trazo e reforzalo de forma divertida.












E así foi como celebramos a festa da Vendima. Sentimos moito non poder convidarvos a probar o zume de uva tan rico que fixemos na vendima, pero acabamos tan cansos, que o bebimos todo.
 Foi unha experiencia inolvidable que fixo descubrir moitas sensacións aso peques do noso cole!!!
Moitas gracias pola colaboración, familias, sen a vosa axuda, isto non sería posible. 

xoves, 5 de decembro de 2019

20 e 25 N: Día da infancia e Día mundial contra a violencia de xénero


Como ben sabedes no noso cole dámoslle verdadeira importancia á educación en valores. Por iso parecenos moi importante traballar estas datas a través do currículo  así como traballar todos os días os  valores de igualdade, tolerancia, xustiza  e respecto hacia os demais.

Aquí vos deixamos unha mostra das actividades máis representativas que realizamos a semana pasada sobre o 20N e o 

 25N.




















Na aula de apoio.