domingo, 27 de maio de 2018

FONDO LIBROS, AXUDAS adquisición material e libros de texto Educación primaria curso 2018/2019


No Diario Oficial de Galicia do día 21 de maio de 2018 publícase a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2018 (este incluído).

O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun  mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2019.


sábado, 19 de maio de 2018

Estamos de excursión!

Os alumnos/as de 6º de primaria están a desfrutar da súa excursión do último ano.O tempo é inmellorable e están a facer todo tipo de actividades: snorkel, kayak, senderismo...
O están a pasar xenial!!!




venres, 18 de maio de 2018

QUEREMOS A NOSA FAMILIA

Este ano celebramos o día da familia para facerlle unha homenaxe de amor e agarimo a todas as persoas que forman cada unha das nosas diferentes familias. 

Con contos, cancións e agasallos recordamos a importancia de ter xente que te quere e te apoia e os valores que nos ensinan os membros dela.




















mércores, 16 de maio de 2018

Día da ciencia na rúa


Un ano mais participamos nesta iniciativa promovida pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Neste ano traballamos cun fío conductor moi importante, a Terra.  Na nosa jaima os nosos/as nenos/as amosaron cómo está constituida e qué podemos facer nós para coidala.








Desfrutamos dun marabilloso día acompañados/as das nosas familias, amigos/as e ex- compañeiros/as a todos/as eles/as...

Moitas Grazas!



Premer na imaxe





Premer na imaxe

xoves, 10 de maio de 2018

OS OFICIOS DA TERRA

Este ano o noso proxecto lingüístico ten como fío condutor os oficios da terra xa que como sabedes o noso proxecto anual de centro chámase Escoita a nosa terra. Nesta entrada podedes ver algúns dos traballos e actividades que fixeron as nenas e nenos do cole durante os últimos meses.















Posteriormente realizamos unha exposición dalgunhas desas actividades para que o resto dos compis do cole aprenderan un pouquiño máis cos traballos das demais clases.