mércores, 13 de febreiro de 2019

PRESENTACIÓN

No noso colexio os nenos e nenas de educación infantil contan cunha hora á semana de estimulación da linguaxe.

Para darnos a coñecer un pouco máis dicirvos que, isto consiste en favorecer a interación verbal dos nen@s para  conseguir comunicarse, expresarse e adquirir a linguaxe de xeito natural mediante a imitación de sons, pronunciacións axeitadas etc..
 Todo isto sempre ensinando con cariño e delicadeza mediante o xogo e partindo dos intereses propios do alumnado.

Nesta sección poderedes ver moitas das actividades que realizamos!!



xoves, 7 de febreiro de 2019

Día da Paz

A orixe desta celebración data do ano 1964 cando Lloreç Vidal; poeta, educador e pacifista mallorquín creou a xornada educativa a favor da educación  non violenta e pacificadora. Esta data coincide co aniversario da morte do pacifista Mahatma Gandhi

Como cada ano xuntámonos para conmemorar este día e traballar en equipo fomentando a creatividade e permitindo que cada neno e nena  seña unha peza única e imprescindible dun engranaxe moi especial, a nosa Escola.

Ademais das diferentes actividades que realizaron os nenos e nenas na súa aula durante toda a semana, neste día tan especial xuntámonos todos e interpretamos e cantamos a canción Imagine de John Lenon, fixemos distintas leturas sobre a Paz e os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil recitaron unha preciosa poesía.

"Un niño, un profesor, un libro y una pluma pueden cambiar el mundo. La educación es la única solución"
Malala Yousafzai







































luns, 4 de febreiro de 2019

RESERVA DE PRAZA

 Resultado de imagen de ies rafael dieste


A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o Anexo I na Secretaría do colexio. O prazo é do 1 ao 15 de febreiro de 2018.

mércores, 30 de xaneiro de 2019

Concerto Didáctico

Os alumnos de 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria asistiron ao concerto "La Fábrica de los Sueños".

Unha viaxe pola música do cine da man da Orquesta Sinfónica de Galicia onde os nosos pequenos/as disfrutaron de Bandas Sonoras tan coñecidas coma Frozen, Star Wars ou The Simpsons.







venres, 25 de xaneiro de 2019

Ovelliña dame la

Coa chegada do inverno, xa podíamos sentir o frío así que, os nenos e nenas de 4º de E. Infantil, a través do conto Ovelliña dame la traballamos as prendas de abrigo para esta estación tan fría e as partes do corpo onde se vestían. 

Todos os días lle preguntábamos á nosa ovelliña: 
- Ovelliña, ovelliña dasme a túa la?
- Para que queres a miña la? 
- Para facer un....xersei, gorro, bufanda, manoplas, medias, abrigo...cada día unha prenda ata estar ben abrigados. 



Ao mesmo tempo que traballabamos as prendas de abrigo e as partes do corpo coa ovelliña, tamén afianzabamos outros contidos, como o concepto número-cantidade, arriba-abaixo, dentro-fóra, grande-pequeno, igual-diferente, largo-curto...Cosimos, traballamos a motricidade fina dándolle de comer á ovella e  recoñecemos as vogáis de forma visual e auditiva. 










Ademáis tamén xogamos coa pizarra dixital para facer puzzles, xogos de memoria, escribir palabras e reforzar todo o traballado, cada vez que faciamos algo, escoitabamos á nosa ovelliña: beeeee






E para rematar fixemos o noso mural para poder compartir con todos os compañeiros e compañeiras do cole.



Seguimos aprendendo un montón de cousiñas ao mesmo tempo que nos divertimos.