Como punto final ao Proxecto Semente, os nenos/as de 4º e 5º desfrutaron dunha tarde de lecer no Megajump. Comezaron cunha hora e media de salto e despois repuxeron enerxía cunha merenda. Aquí tedes as fotos:
Como xa explicamos no inicio do Proxecto, destinamos unha parte dos beneficios á Cruz Roja en concepto de contribución a unha labor social.
A semana pasada fumos de excursión de fin de curso ao Muíño de Pedroso onde fixemos diversas actividades relacionadas cos oficios. Pasámolo xenial e descubrimos que somos capaces de facer moitas cousas diferentes con produtos naturais coma: leite, mimbre, coiro, xinzos ... Pasamos un gran día compartindo e vivindo novas experiencias todos/as xuntos/as.