sábado, 10 de febreiro de 2018

Entroido

Menuda semana de  Entroido!

Este ano o Meco estivo moi mandón
e obedecimos todos sen excepción.
Luns, martes, mércores...Que imaxinación!


 






Ao chegar o venres...todos disfrazados,
para comer as orellas moi refinados!
Todos os mestres quedamos encantados,
esperaremos ata o ano que vén moi ilusionados.


 

 




Día da non violencia e a Paz




 

 
 


Queremos dar as grazas a todas aquelas familias que nos acompañaron neste acto tan especial para todos/as.

xoves, 8 de febreiro de 2018

FOMOS BOMBEIROS POR UN DÍA

O pasado 26 de xaneiro as nenas e nenos de 1º e 2º de Primaria foron coñecer o traballo e as dependecias dos bombeiros da nosa cidade. Alí nos explicaron que realizan moitas máis funcións que apagar incendios, ensináronnos un dos seus camións por dentro e tamén nos levaron por onde realizan as súas tarefas cotiás durante o turno de 24 horas que teñen que cumprir. Destacaron ademais á importancia de traballar en equipo.
O que máis nos gustou foi sentirnos bombeiros por un día usando unha das súas mangueiras e falando na sala de control onde nos atopamos con un antigo alumno do noso cole.
Nesta ocasión vimos de preto cómo se preparaban para un rescate xa que durante a visita tiveron que saír a unha chamada de emerxencia.
Aquí podedes ver un resumo do ben que o pasamos.













































Dende aquí queremos agradecer a súa xenerosidade e hospitalidade coa que nos trataron en todo momento.



luns, 5 de febreiro de 2018

Proxecto Semente

Este ano, @s alumn@s de 4º e 5º de Primaria participamos de novo no Proxecto Semente. Este proxecto fomenta o espírito emprendedor creando e xestionando unha cooperativa escolar na que @s nen@s fabrican produtos que posteriormente venderán nun mercado que se celebra a finais do mes de maio no Obelisco.

Aquí podedes ver as nosas primeiras sesións de formación teórica.





Como toda empresa, temos que realizar uns trámites. O primeiro foi elexir de forma democrática aos nosos representantes. O segundo, elaborar a Acta de Constitución e os Estatutos da nosa cooperativa.

Tocou asinar estes documentos!





Unha vez que temos todo en orde, o máis divertido é poñernos a elaborar os produtos, que esperamos, compredes no mercado:



domingo, 4 de febreiro de 2018

xoves, 1 de febreiro de 2018

RESERVA DE PRAZA NO IES RAFAEL DIESTE




A reserva de praza no IES Rafael Dieste para o alumnado que finaliza 6º curso de educación primaria no noso centro pódese facer a través de internet ou entregando o Anexo I na Secretaría do colexio. O prazo é do 1 ao 15 de febreiro de 2018
Deixámosvos aquí a circular informativa que se entregou ao alumnado.