mércores, 6 de novembro de 2024

Renovación parcial consello escolar

  

De conformidade co establecido na Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (DOG do 18/09/2024), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituíu ao efecto o pasado 28 de outubro:

 

• A directora do Centro.

• Unha representante da titular do Centro.

• Unha representante do profesorado.

• Un pai ou nai ou titor legal.

 Os dous últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988,do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). 

Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar, pero cada membro só poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.

As candidaturas que toca renovar son:

·         1 representantes de pais/nais.

·         2 representantes do profesorado.

Os/As que queiran presentar a súa candidatura poden recoller as papeletas na secretaría do Centro ou descargalas no apartado de circulares do blogue.

Ás persoas membros da Xunta Electoral, membros das mesas electorais e aos electores se lles aplicará o permiso laboral recollido no artigo 117da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia e recibirán unha xustificación da dirección do centro pola súa asistencia.

 

CALENDARIO ELECTORAL

_ Martes 22/10/24  ás 14:15. Sorteo para a elección dos membros da Xunta Electoral.

_ Luns 28/10/24  ás 14:15. Reunión constitutiva da Xunta Electoral.

 

_ Mércores 30/10/24 ás 14:15. Publicación dos Censos Electorais, á vosa disposición na secretaría do Centro.

-          Ata o 6 de novembro: período de reclamación ao censo

_ Do 01/11/24 ata o 8/11/24. Prazo de presentación das candidaturas á Xunta Electoral na secretaría do Centro ata as 14:15 do último día. Modelo dispoñible na secretaría e no blogue do Centro. http://colegio-cid.blogspot.com/

_ Luns 11/11/2024 ás 14:15. Reunión da Xunta Electoral para a admisión, proclamación e publicación das candidaturas admitidas.

-          Sorteo para a determinación de vocais e suplentes da mesa electoral. Publicación dos resultados do sorteo anterior e convocatoria para a constitución da mesa electoral.

A mesa electoral estará constituída pola directora do Centro, que actuará como presidente, e catro pais, nais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos e actuando como secretario/a o de menor idade. Preverase o nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo.

 

_ Martes e mércores 12-13/11/2024. Prazo de presentación de reclamación contra a resolución de proclamación de candidaturas. A Xunta Electoral resolverá no seguinte día hábil.

_ Venres 22/11/2024. Eleccións desde as 09:20 ata as 10:00, e das 14:15 ata as 14:50. Cada elector deberá acreditar a súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo.

_ Luns 25/11/2024 ás 14:15. Reunión da Xunta Electoral para a proclamación dos candidatos elixidos. Convocatoria para a constitución do Consello Escolar.

 

_ Xoves 5/12/24 Constitución do Consello Escolar.

 

O Consello Escolar é un órgano principal de goberno do Centro. Polo que facemos un chamamento á participación dos distintos sectores da Comunidade Escolar.