venres, 24 de novembro de 2017

Visita a casa de Rosalía de Castro

Os alumnos/As de 3º de E.P. visitraon o Museo da Casa de Rosalía de Castro.

Na Coruña, viviron personaxes ilustres que tiveron unha relación destacada coa cidade e axudaron a construír parte da nosa Historia.
Os espazos que habitaron son na actualidade lugares de visita convertidos en museo e intentan achegar ao público á súa vida cotiá a través do contacto coas casas que habitaron e xerar interese por coñecer o seu pensamento e a súa historia.


domingo, 19 de novembro de 2017

Como nos gusta o outono!

O outono chega sempre cargado de moitas actividades e cousas novas por descubrir.

Un ano máis, os peques de infantil recibiron a visita dos alumnos/as de 6º que lles falaron das froitas e froitos do outono...Que ricas estaban!





E para rematar a semana celebramos o magosto  todos/as xuntos/as cunhas ricas castañas asadas que botamos nos nosos portacastañas e temos que decir que temos grandes artistas!!

Noraboa aos gañadores!









luns, 13 de novembro de 2017

Charla



Dende a Comisión de Convivencia do noso centro xorde a idea de formar unha escola de pais e nais coa que iremos ofertando distintos talleres, charlas...

Daremos comezo coa charla "Tipos e diferenzas entre os estilos educativos e as súas consecuencias" que terá lugar o vindeiro mércores 22 de novembro ás 19:30 no noso Centro coa colaboración da Fundación Amigó.

Recordade que tedes ata este mércores para apuntarvos.

xoves, 9 de novembro de 2017

O Samaín no Colexio

Estes días o Colexio sufriu una estrana transformación.....




Cousas raras están a suceder...





Tende coidado non vos atopedes co grupo de teatro que da moitísimo medo...




domingo, 5 de novembro de 2017

A Biblioteca

Durante estes días estivemos a presentarvos a un novo amiguiño que nos acompañará durante todo o curso....Tico.



Aos máis pequenos do Cole contoulles unha aventura da súa viaxe ata chegar a nosa cidade:




Este ano fará moitas actividades cos nosos nenos/as e irá colgando as novidades da Biblioteca no seu  blog.



(preme na imaxen para ir ao blog)